DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 10 de xuño de 2024 Páx. 35101

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

ANUNCIO do 30 de maio de 2024 polo que se dá publicidade da resolución, da mesma data, pola que se convocan concursos públicos para a provisión de prazas de profesorado asociado facultativo do cadro de persoal do Hospital Veterinario Universitario da Fundación Rof Codina.

Esta reitoría, en cumprimento do acordado polo Consello de Goberno desta universidade na sesión que tivo lugar o día 23 de febreiro de 2024, fai público que, mediante a Resolución de 30 de maio de 2024, se convocan concursos públicos para a provisión das prazas de profesorado asociado de Ciencias Veterinarias facultativo do cadro de persoal do Hospital Veterinario Universitario da Fundación Rof Codina que figuran no anexo I.1 da citada resolución.

A relación de prazas convocadas e as bases completas da convocatoria poden consultarse no taboleiro electrónico da Universidade de Santiago de Compostela https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/126570/carga.htm

As solicitudes deberán presentarse, a través do procedemento indicado nas bases da convocatoria, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, segundo proceda de conformidade coas bases, publicaranse no taboleiro electrónico https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2024

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela
P.D. (Resolución do 21.4.2022; DOG do 26 de abril)
Ernesto González Seoane
Vicerreitor de Profesorado