DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 10 de xuño de 2024 Páx. 35226

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mondoñedo

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de protección e rehabilitación do conxunto histórico de Mondoñedo (PEPRCH).

A Xunta de Goberno Local do Concello de Mondoñedo, por delegación da Alcaldía Presidencia (Decreto 290/2023, do 10 de xullo de 2023) da competencia que lle atribúe o artigo 21.1.j) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, na súa sesión extraordinaria do día 1 de decembro de 2023, adoptou o seguinte acordo, cuxa parte dispositiva di o seguinte:

«Primeiro. Aprobar inicialmente o Plan especial de protección e rehabilitación do conxunto histórico de Mondoñedo (PEPRCH), elaborado pola Empresa Oficina de Planeamiento, S.A., con CIF A15030422, nos termos que figuran no expediente.

Segundo. Abrir un período de información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e anunciarase nun dos xornais de maior difusión na provincia. Durante o devandito período quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo ou obter copias para que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes, e estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello (https://mondonedo.sedelectronica.gal).

O período de información pública comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Terceiro. Suspender o outorgamento das licenzas de parcelación, edificación e demolición, na totalidade do ámbito do Plan especial de protección e rehabilitación do conxunto histórico de Mondoñedo (PEPRCH). Non obstante, de acordo co establecido no artigo 86.3 do Regulamento da Lei do solo de Galicia, a suspensión de licenzas non afectará:

a) As obras de mantemento, conservación e reforma, salvo no caso de obras de rehabilitación integral que sexan equiparables á reconstrución total do edificio non xustificadas en razóns de urxencia ou que supoñan un aumento do volume edificado.

b) As licenzas de primeira ocupación.

c) Os proxectos que cumpran simultaneamente o instrumento de planeamento en vigor (Plan especial de protección e reforma interior do casco histórico de Mondoñedo (PEPRI) e Plan xeral de ordenación municipal) e o Plan especial aprobado inicialmente.

d) Os actos suxeitos ao trámite de comunicación previa, sempre e cando se trate de obras ou actos para a implantación de usos ou actividades autorizados polo novo planeamento.

A suspensión de licenzas terá unha duración máxima de dous anos contados desde a aprobación inicial do Plan especial e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento (artigo 47.2 LSG).

A duración da suspensión é de dous (2) anos contados desde a aprobación inicial do Plan especial e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento.

Esta suspensión publicarase conxuntamente coa aprobación inicial.

Cuarto. Notificar individualmente o trámite de información pública a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados polo ámbito do Plan.

Quinto. Solicitar ás administracións afectadas pola súa competencia sectorial que emitan o correspondente informe para os efectos regulados na lexislación sectorial. Os informes sectoriais autonómicos deberán ser emitidos no prazo máximo de tres meses, transcorrido o cal se entenderán emitidos con carácter favorable.”

Mondoñedo, 4 de xuño de 2024

Manuel Ángel Otero Legide
Alcalde presidente