DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 10 de xuño de 2024 Páx. 35230

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Sadurniño

ANUNCIO da convocatoria para a selección dunha praza de auxiliar administrativo, funcionario/a interino/a, por acumulación de tarefas.

Mediante a Resolución de Alcaldía 232/2024, do 29 de maio, aprobáronse as bases e a convocatoria para a selección dunha praza de auxiliar administrativo, funcionario interino, por acumulación de tarefas.

O prazo de presentación de solicitudes é de cinco días hábiles desde esta publicación, e as bases figuran íntegramente publicadas no BOP da Coruña núm. 107, do 4 de xuño de 2024.

Os sucesivos anuncios realizaranse no BOP da Coruña e na sede electrónica e no taboleiro municipal do Concello de San Sadurniño.

San Sadurniño, 4 de xuño de 2024

Secundino García Casal
Alcalde