DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 10 de xuño de 2024 Páx. 35231

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiso

ANUNCIO da convocatoria do proceso de estabilización de emprego temporal para a selección dunha praza de técnico/a deportivo, polo procedemento de concurso-oposición, incluída na oferta de emprego público extraordinaria para o ano 2023.

Mediante a Resolución da Alcaldía do Concello de Santiso, do 12 de marzo de 2024, aprobáronse as bases e a convocatoria para cubrir unha praza de técnico/a deportivo polo procedemento de concurso-oposición.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 54, do 15 de marzo de 2024, aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria para cubrir unha praza de técnico/a deportivo, polo procedemento de concurso-oposición, cuxas características son:

Denominación do posto: técnico/a deportivo.

Subgrupo: A1.

Titulación académica: licenciatura en Educación Física/Actividade Física e do Deporte ou o grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberase estar en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, de ser o caso, a homologación.

Número de vacantes: 1.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña, no taboleiro de edictos e na páxina web do Concello de Santiso https://santiso.gal/

Santiso, 18 de maio de 2024

Manuel Adán López
Alcalde