DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 10 de xuño de 2024 Páx. 34956

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

EXTRACTO da Orde do 27 de maio de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras do programa ES-Transforma en cooperativas ou sociedades laborais e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2024 (código de procedemento TR802R).

BDNS (Identif.): 764319.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans)

Primeiro. Entidades beneficiarias

As cooperativas e sociedades laborais que xurdan dalgún dos procesos regulados no punto 1 do artigo 5 da orde e, ademais, cumpran os requisitos regulados nos puntos 2 e 3 do mesmo artigo.

Segundo. Obxecto e finalidade

Apoiar a creación de cooperativas e sociedades laborais, por parte de persoas traballadoras de entidades con negocios en crise ou sen remuda xeracional, por parte de persoas traballadoras autónomas ou mediante a transformación de sociedades.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 27 de maio de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras do programa ES-Transforma en cooperativas ou sociedades laborais e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2024 (código de procedemento TR802R).

Cuarto. Contía

O orzamento total ascende a dous millóns trescentos setenta mil euros (2.370.000 €), distribuído en dúas aplicacións orzamentarias:

Aplicación orzamentaria

Código do proxecto

2024

Importe total

44.04.324C.471.0

2021.0067

570.000,00 €

570.000,00 €

44.04.324C.771.0

2021.0067

1.800.000,00 €

1.800.000,00 €

Total

2.370.000,00 €

2.370.000,00 €

A contía da axuda será equivalente ao 80 % do custo total dos gastos subvencionables regulados no artigo 6 da orde e cos límites establecidos no artigo 7.1.

As axudas poden incrementarse no caso de que as entidades beneficiarias cumpran algunha das condicións reguladas no artigo 7.2 da orde.

En todo caso, a axuda total para cada entidade beneficiaria polos conceptos recollidos nos puntos 1 e 2 do artigo 7 da orde non poderá exceder os 74.000 euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo xeral para a presentación das solicitudes de axuda comezará a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 16 de setembro de 2024, salvo que se produza o suposto de esgotamento do crédito orzamentario.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2024

José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración