DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 10 de xuño de 2024 Páx. 34958

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2024, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se publican as axudas concedidas en virtude da Orde do 29 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2024 (código de procedemento TR852A).

En cumprimento do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e do artigo 23.6 da Orde do 29 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais e se procede a súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2024, publícanse as subvencións concedidas en virtude da devandita orde para o ano 2024.

Obxecto da axuda: as axudas teñen como obxecto subvencionar as accións de formación, sensibilización, asesoramento e fomento da prevención de riscos laborais en Galicia recollidas no artigo 2 da orde de referencia, que establece como actuacións subvencionables as seguintes:

Na liña 1: cun importe total de 1.000.000 euros, accións formativas, realización de estudos e actividades de asesoramento e sensibilización en relación coa normativa de prevención de riscos laborais por parte dos gabinetes técnicos de seguridade e saúde laboral, de carácter intersectorial.

Na liña 2: cun importe total de 655.103,00 euros, cursos de formación sectoriais, realización de xornadas de sensibilización de carácter sectorial, así como estudos de carácter tamén sectorial e accións que permitan a elaboración de ferramentas e materiais innovadores relacionados co fomento da prevención de riscos laborais.

Norma reguladora: Orde do 29 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais e se procede á súa convocatoria na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2024 (Diario Oficial de Galicia número 20, do 29 de xaneiro de 2024).

Crédito orzamentario: 1.655.103,00 € (un millón seiscentos cincuenta e cinco mil cento tres euros), recollido na aplicación orzamentaria 13.40.324A.481.1, código de proxecto 2015 00507, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2024

Pablo Fernández López
Secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais

ANEXO

Beneficiarias da liña 1

Entidade

NIF

Importe

Asociación Intersectorial e Interterritorial de Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia-APE Galicia

G36550630

24.880,00 €

Confederación de Empresarios de Galicia (CEG)

G15080476

460.000,00 €

Unión General de Trabajadores de Galicia (UGT Galicia)

G15383011

166.253,70 €

Confederación Intersindical Galega (CIG)

G36706927

160.200,00 €

Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia

G15103112

161.151,12 €

Central SindicaI Independiente de Funcionarios-CSIF

G79514378

27.515,18 €

Beneficiarias da liña 2

Entidade

NIF

Importe

Asociación Agraria de Galicia (Asaga)

G94114675

30.000,00 €

Federación Gallega Asoc. Empresarios y Profesionales del Transporte (Fegatrans)

G32400293

29.692,28 €

Anfaco-Cecopesca

G36625309

29.600,00 €

Asociación Clúster del Granito

G36644961

4.500,00 €

Unións Agrarias-UPA

G15115322

30.000,00 €

Sindicato Labrego Galego- Comisións Labregas

G27023951

30.000,00 €

Federación Galega de Comercio

G27170158

29.440,00 €

Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia (Asime)

G36614774

30.000,00 €

Fundación para la Pesca y el Marisqueo (Fundamar)

G27745397

19.915,00 €

Asociación de empresarios de la primera transformación de la madera de Lugo (Lugomadera)

G27030915

29.840,00 €

Asociación Galega de Áridos-Ariagal

G36345718

11.944,38 €

Confederación de Industrias Textiles de Galicia-Clúster Gallego Textil Moda (Cointega)

G36681039

17.920,00 €

Federación Empresarial de Aserradores y Rematantes de Madera de Galicia (Fearmaga)

V36639284

14.400,00 €

Federación Gallega de Productores de Pesca (Fegapesca)

G27780360

30.000,00 €

Asociación de Mulleres Autónomas Rurais de Galicia

G70507488

28.500,00 €

Asoc. Provincial de Empresarios de Hostelería y Turismo de Lugo (APEHL)

G27021005

17.696,00 €

Asoc. Provincial de Empresarios de Hostelería de A Coruña

G15083215

23.808,00 €

Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de Ourense (ACO)

G32015828

5.221,34 €

Fundación Laboral de la Construcción

G80468416

30.000,00 €

Confederación Intersindical Galega (CIG)

G36706927

48.775,00 €

Sindicato Fetico Galicia

G15312424

29.600,00 €

UGT- Servizos Públicos de Galicia

G78085149

29.760,00 €

UGT FICA Galicia

G87582524

30.000,00 €

Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia

G15103112

15.371,00 €

Central Sindical Independiente de Funcionarios-CSIF

G79514378

29.120,00 €

Fed. Nac. Serv. Mobilidade e Consumo UGT Galicia (UGT FeSMC Galicia)

G87589909

30.000,00 €