DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 10 de xuño de 2024 Páx. 35111

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 10 de maio de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Malpica de Bergantiños (expediente IN407A 2024/004-1).

Expediente: IN407A 2024/004-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LMTA BRT-803 - substitución de apoios 71, 72, 73 e 76.

Concello: Malpica de Bergantiños.

1. Características técnicas:

Modificacións, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña BRT-803 autorizado no expediente 33.500, de 999,3 metros de lonxitude en condutor tipo LA-110, comprendido entre o apoio nº 70 (matrícula 9UCL5ILD) de formigón tipo S-AL-HV-630/14-B2-CSIII e o apoio nº 77-CT (matrícula 9TTM7858) coincidente coa fachada do CT tipo pombal Leiloio seccionador (expediente IN407A 2015/319-1/matrícula 15CKK0) que fai as veces dun apoio fin de liña, consistentes en:

– Desconexión e desmontaxe do condutor tipo LA-110 (condutor existente) e desmontaxe do condutor de fibra óptica, no treito de 380 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 71 (matrícula 9UA2C6NC) de formigón tipo AM-AL-2xHV-1000/14-B2-CAII e o apoio nº 73 (matrícula 9U3IT5HV) de formigón tipo S-AL-HV-630/14-B2-CSRII.

– Desconexión e desmontaxe do condutor tipo LA-110 (condutor existente), no treito de 21 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 76 (matrícula 9TTLFR2Q) de formigón tipo AM-AL-2xHV-1600/14-CR2-CAII e o paso aéreo-soterrado (PA/S) instalado na fachada do CT Leiloio (apoio 77-CT).

– Substitución, respectando a súa localización na parcela con referencia catastral 15044A004002290000EX, cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 70, do apoio nº 71 (matrícula 9UA2C6NC) anterior, polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-1000/14-H35-CAIII(CS).

– Substitución, respectando a súa localización na parcela con referencia catastral 15044A004002090000EA, cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 70, do apoio nº 72 (matrícula 9U79AX6A) de formigón tipo AM-AL-630/14-B2-CAII, polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-2000/16-H35-CAIII(CS).

– Substitución, respectando a súa localización na parcela con referencia catastral 15044A004001890000ET, cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 70, do apoio nº 73 (matrícula 9U3IT5HV) antes indicado, polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-2000/16-H35-CAIII(CS).

– Substitución, respectando a súa localización na parcela con referencia catastral 15044A004008190000EY, cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 75, do apoio nº 76 (matrícula 9TTLFR2Q) de formigón tipo AM-AL-2xHV-1600/14-CR2-CAII, polo novo apoio metálico de celosía tipo AG-C-7000/16-H35-CAIII(CS).

– Tendido de novo condutor tipo LA-110 e montaxe e retensado do condutor de fibra óptica (condutor existente), no treito da liña BRT-803 de 379,1 metros de lonxitude comprendido entre os apoios nº 71 e nº 73 unha vez substituídos.

– Tendido de novo condutor tipo LA-110, no van da liña BRT-803 de 19,6 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 76 unha vez substituído e o CT Leiloio seccionador.

– Retensado do condutor tipo LA-110 (condutor existente) no van da liña BRT-803 de 146,3 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 70 existente e o apoio nº 71 proxectado.

– Retensado do condutor tipo LA-110 (condutor existente) no van da liña BRT-803 de 218,8 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 73 proxectado e o apoio nº 74 existente.

– Retensado do condutor tipo LA-110 (condutor existente) no van da liña BRT-803 de 99,1 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 75 existente e o apoio nº 76 unha vez substituído.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, se é o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 10 de maio de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Concello de Malpica de Bergantiños.

Regulamentación LMTA BRT-803, substitución de apoios 71, 72, 73 e 76.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(CT e/ou apoios)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m2)

1

Descoñecido

15044A004002290000EX

Carballedos

Novo apoio nº 71

2

Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño

4

Descoñecido

15044A004008190000EY

Caldas

Novo apoio nº 76

4

Rústico. Agrario