DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Luns, 10 de xuño de 2024 Páx. 35116

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 16 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Paradela (expediente 2022/37 ATE).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro) e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, (BOE núm. 310, do 27 de decembro) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: regulamentación LMTA SAR804 entre os apoios núm. D155 e D158.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Características técnicas principais:

Reforma da LMTA SAR804 de dobre circuíto, a 20 kV, coa substitución dos apoios de formigón existentes núm. D155, D156, D157 e D158 por outros de celosía metálica, e cambio do condutor actual a LA-110 no van entre os apoios D155 e D156, cunha lonxitude de 77 m Retensado do condutor existente sobre os apoios proxectados.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figura no anexo que se insire xunto con este acordo.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 144 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas no prazo de trinta días contados dende o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da sección de Enerxía desta Dirección Territorial de Lugo da Consellería de Economía e Industria (rolda da Muralla, núm. 70 baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou no teléfono 982 29 46 76), así como no Concello de Paradela. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Consellería de Economía e Industria a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacion-electrica/paradela

Ata o momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 27 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, (BOE núm. 236, do 2 de outubro) cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 16 de maio de 2024

O director territorial de Lugo
P.A. (artigo 41.3, Decreto 116/2022, do 23 de xuño)
Juan Carlos Morán del Pozo
Xefe do Servizo de Industria

ANEXO

Núm.

Titular proposto

Políg.

Parc.

Lugar

Cultivo

Apoio

M2

Servidume (ml)

Servidume (m2)

Servidume de paso

1

Jaime Fernández Ojea

17

1107

Vieiros

Monte alto

D155

2

5

75

3

Felipe Vázquez Veiga

17

116

Mosteiro

Prado

22

347

4

Felipe Vázquez Veiga

17

121

Cruce dos Camiños

Prado

D156

2

78

1244

626

7

Felipe Vázquez Veiga

17

118

Chan

Prado

D158

2

89

1548

216