O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que se deberán facer necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.
O Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 16 de setembro de 2010, faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das ditas competencias.
Por outra banda, a teor do previsto no Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 6 de xuño de 2002, no cal se fixou a composición do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, nel intégrase un representante dos concellos de Cervo e Xove que alternarán cada dous anos.
Tendo en conta que mediante a Orde do 1 de xuño de 2022 (DOG número 111, do 10 de xuño) se dispuxo o nomeamento dun vogal en representación do Concello de Cervo e que transcorreu o período de dous anos antes indicado, cómpre efectuar un novo nomeamento.
Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída, por proposta do alcalde do Concello de Xove,
DISPOÑO:
O nomeamento de José Demetrio Salgueiro Rapa como vogal no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, en representación do Concello de Xove.
Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2024
Alfonso Villares Bermúdez
Conselleiro do Mar