DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 7 de xuño de 2024 Páx. 34781

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Valdoviño (expediente IN407A 2022/398-1).

Expediente: IN407A 2022/398-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: novo tramo de LMT, CT rural e RBT de Montefaro.

Concello: Valdoviño.

Feitos:

1. O día 22 de novembro de 2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica, co obxecto de resolver problemas de calidade de subministración na zona e descargar o CT Montefaro.

Xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da liña, ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, achegan os seguintes documentos:

1º. Proxecto de execución denominado novo tramo de LMT, CT rural e RBT de Montefaro, asinado o 15.6.2022 por Sergio Rodríguez Rodríguez, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, número de colexiado 482 de Ourense, o 15.6.2022.

2º. Novo tramo de LMT, CT rural e RBT de Montefaro-informe para a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, asinado o 23.4.2024 por Javier Fernández Pazos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, número de colexiado 502 de Ourense.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

• Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

• DOG: 20.3.2023.

• BOP: 2.3.2023.

• Xornal La Voz de Galicia: 10.3.2023.

• Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 12.7.2023.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Patrimonio Cultural, Concello de Valdoviño. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes presentados no prazo outorgado para ese efecto.

5. O día 2 de maio de 2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O director territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio), consonte coa disposición adicional décimo segunda e a disposición transitoria primeira do Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 81, do 24 de abril).

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas no lugar de Montefaro, no concello de Valdoviño, e as súas características técnicas son as seguintes:

Descrición técnica IP:

– Centro de transformación prefabricado de formigón tipo rural, compacto de manobra exterior, de 100 kVA de potencia, relación de transformación 15/0,4-0,23 kV e configuración de celas 1L+1P, con cadro de baixa tensión con tres saídas (unha de reserva), para instalar na parcela con referencia catastral 15088A50200958 sita no lugar de Montefaro (concello de Valdoviño).

– Modificación proxectada no apoio nº 79-5 (matrícula APHUIC78) existente, de formigón tipo HV-1600/11 localizado no treito da liña SMR-711 comprendido entre o CT Montefaro (expediente IN407A 2016/1599-1/matrícula 15CS46) e o CT particular Copagro (matrícula 15PS45), consistente na instalación dun paso aéreo-soterrado (PA/S) dotado de pararraios autoválvulas e de elementos de seccionamento tipo XS.

– Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, de 342 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×150 mm2 Al), coa orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S) anterior e remate en cela de liña do CT proxectado.

4. Na visita de campo realizada o 5 de abril de 2024 non se atopa ningunha limitación das indicadas no artigo 161.1 do Real decreto 1955/200 para impor servidumes de paso.

5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta dirección territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta dirección territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial, no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 9 de maio de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

LMT, CT rural e RBT Montefaro

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Valdoviño

Parcela proxecto

Propietario

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m2)

1

Descoñecido

15088A50200958, polígono 502, parcela 958

Amedo

CT

14,96

Labor