DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 7 de xuño de 2024 Páx. 34746

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se publica o anuncio da convocatoria do concurso público de méritos para cubrir postos de persoal asesor nesta consellería.

Co obxecto de realizar a convocatoria do concurso público de méritos para cubrir postos de persoal asesor na Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa resolve anunciar:

Primeiro. Que a regulación e a convocatoria do concurso público de méritos para cubrir postos de persoal asesor na Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional estarán dispoñibles no portal educativo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, http://www.edu.xunta.gal/portal

Segundo. Que o prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Que as persoas que desexen participar no concurso deberán cubrir a solicitude a través do formulario normalizado PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e presentala, xunto coa documentación a que fai referencia o artigo 5 da orde de convocatoria.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2024

Judith Fernández Novoa
Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa