DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 7 de xuño de 2024 Páx. 34744

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

EXTRACTO da Resolución do 24 de maio de 2024 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver e se anuncia a súa convocatoria (código de procedemento PR970B).

BDNS (Identif.): 765355.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Españois ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea que estean en posesión ou en condicións de obter un título de licenciado ou de grao en Filoloxía Galega, Galego-Portuguesa, Lingua e Literatura Galegas, Documentación, Ciencias da Comunicación e Comunicación Audiovisual ou outras titulacións equivalentes, e que rematasen os seus estudos no curso académico 2013/14 ou posterior.

Segundo. Obxecto

Establecer as bases reguladoras e as condicións que deben reunir os solicitantes, coa finalidade de contribuír á especialización na súa formación académica, profesional e investigadora.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 24 de maio de 2024 pola que se aproban as bases que rexerán a convocatoria pública de catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se están a desenvolver e se anuncia a súa convocatoria (código de procedemento PR970B).

Cuarto. Contía

Para este gasto que se proxecta habilitarase o crédito adecuado e suficiente por un importe máximo total de sesenta mil novecentos euros (60 900,00 €), que se imputarán ás aplicacións orzamentarias 03.01.111D.480.0 e 03.01.111D.480.4, e que se destinarán ao pagamento das mensualidades dos/das bolseiros/as e das cotas da Seguridade Social, respectivamente. A contía mensual que percibirá cada bolseiro/a será de mil douscentos euros (1.200,00 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2024

Rosario Álvarez Blanco
Presidenta do Consello da Cultura Galega