DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 7 de xuño de 2024 Páx. 34747

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de terapia ocupacional, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o 27 de maio de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 28 de novembro de 2023 (DOG núm. 230, do 4 de decembro) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de terapia ocupacional,

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base III.1.1.2 da convocatoria, o segundo exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos e para superalo será necesaria unha puntuación mínima de quince (15) puntos. Ademais, o tribunal cualificará este exercicio valorando os coñecementos, a claridade, a orde de ideas e a calidade da expresión escrita. Para estes efectos, no acordo que tivo lugar o 27 de febreiro de 2024 do tribunal, polo que se fan públicos os criterios de corrección, valoración e superación do segundo exercicio do proceso selectivo, publicado no portal web da Dirección Xeral de Emprego e Administración de Persoal, estableceuse que no coñecemento valorarase que o contido do tema estea actualizado e que o conxunto do exercicio estea compensado, equilibrado e completo no seu contido; a estrutura desenvolverá todos os puntos de maneira equilibrada e coherente, redactando o tema con claridade expositiva e a presentación terá unha orde e corrección ortográfica, lexible e ordenada.

Segundo. Nas instrucións para a realización do exame, lidas o día 18 de marzo de 2024 antes de comenzalo, especificouse por parte do presidente do tribunal que non se admitirá ningún tipo de marca ou dato identificativo nos sobres o nas follas seladas para o seu desenvolvemento.

Terceiro. Unha vez realizada a corrección do segundo exercicio e consonte os criterios anteriores, superaron o exame un total de oito aspirantes (8), e houbo un non corrixido por asinar a última folla selada do exame.

Cuarto. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quedan de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de facultativos, especialidade de terapia ocupacional, no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

De acordo co disposto na base III.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co disposto na base V.13 da convocatoria, contra este acordo do tribunal poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Facenda e Administracións Públicas nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2024

Felipe García Calvo
Presidente do tribunal