DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Venres, 7 de xuño de 2024 Páx. 34589

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ORDE do 29 de maio de 2024 pola que se modifica a Orde do 4 de xullo de 2014 pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos polo Centro Superior de Hostalaría de Galicia.

O Decreto 196/2012, do 27 de setembro, crea a Axencia de Turismo de Galicia, entidade co obxectivo básico de impulsar, coordinar e xestionar a política autonómica en materia de turismo. Entre o seu obxecto atópase o impulso á innovación, investigación, formación e cualificación das empresas e profesionais do sector turístico. Dentro da Axencia de Turismo de Galicia atópase o Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG) que, entre as súas funcións, ten o desenvolvemento da docencia e a investigación conforme as exixencias metodolóxicas e substantivas propias de toda institución do ámbito universitario.

Mediante a Orde do 4 de xullo de 2014 (DOG núm. 128, do 8 de xullo), fixáronse os prezos privados correspondentes á prestación de servizos polo Centro Superior de Hostalaría de Galicia.

A citada orde foi modificada pola Orde do 6 de setembro de 2016 (DOG núm. 187, do 30 de setembro), no que respecta á denominación da titulación Certificado de Elaboración e Xestión en Cociña, que pasa a denominarse Diploma de Gastronomía e Xestión en Cociña.

Así mesmo, a Orde do 22 de agosto de 2017 (DOG núm. 168, do 5 de setembro) e a Orde do 3 de outubro de 2019 (DOG núm. 199, do 18 de outubro) modifican o seu artigo 4, relativo á actualización dos prezos. Do mesmo xeito, actualizouse a listaxe de servizos incluídos no anexo e elimináronse os servizos que xa non se prestaban no CSHG para alumnos propios e, no uso de instalacións, eliminouse o servizo de pista de tenis.

A Orde do 2 de novembro de 2022 (DOG núm. 214, do 10 de novembro) modificou a Orde do 4 de xullo de 2014 pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos polo Centro Superior de Hostalaría de Galicia, con motivo da incorporación do grao en Xestión de Empresas Hostaleiras e de cambios no funcionamento interno, así como da actualización dos servizos.

Neste momento é preciso actualizar os prezos do uso da residencia polo alumnado do CSHG en réxime de cuarto dobre e cuarto individual, así como eliminar o importe de manutención do alumnado interno do CSHG ao estar incluído o almorzo e xantar dentro do prezo da matrícula ordinaria.

Incorpórase a esta orde os prezos de aluguer das aulas de teoría.

Actualízase o servizo de carta, ofertando un menú degustación e eliminando a oferta fixa de pratos. Este menú degustación irá adaptándose aos produtos de tempada e proximidade.

A presente orde consta dun artigo único, no que se procede a modificar o anexo.

Na súa virtude, vista a proposta formulada pola Axencia de Turismo de Galicia e logo do informe favorable da Consellería de Facenda e Administración Pública, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único. Modificación da Orde do 4 de xullo de 2014 pola que se fixan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos polo Centro Superior de Hostalaría de Galicia

Un. O anexo queda redactado como segue:

ANEXO

Prezos privados servizos

Alumnado CSHG:

Concepto

€/ud.

Uso residencia en réxime cuarto dobre (curso)

2.852,98

Uso residencia en réxime cuarto individual (curso)

5.021,24

Uso residencia semanal (só aloxamento)

143,95

Fianza réxime interno (curso)

257,05

Duplicados tarxeta alumno

5,09

Certificado académico simple

19,55

Certificado académico con programas

61,18

Expedición de título académico

126,57

O uso da residencia no curso académico, inclúe o aloxamento durante o calendario académico vixente e a cea (excepto sábado, domingo e festivos).

O alumnado beneficiario dunha bolsa do CSHG non pagará o uso da residencia en réxime de cuarto dobre durante o curso académico.

Uso de residencia:

Concepto

€/ud.

Pensión completa (mes)

616,92

Aloxamento (mes)

411,28

Pensión completa (semana)

205,64

Aloxamento (semana)

143,95

Uso de instalacións:

Concepto

€/ud.

Aula de teoría (media xornada)

100,00

Aula de teoría (xornada completa)

150,00

Planta completa de aulas (media xornada)

500,00

Planta completa de aulas (xornada completa)

1.000,00

Aula cociña demostración (media xornada)

339,90

Aula cociña demostración (xornada completa)

679,80

Aula cata (media xornada)

339,90

Aula cata (xornada completa)

679,80

Aula cociñas (por evento)

5.098,48

Formación continua, teleformación e consultoría:

– Servizos de formación continua e teleformación

€/h

Deseño cursos de formación e teleformación

246,77

Impartición de hora de formación presencial no CSHG

95,00

Impartición de hora de formación presencial nacional

135,00

Impartición de hora de formación presencial internacional

165,00

Impartición de hora de formación a distancia (webinario)

100,00

Hora/alumno curso teleformación a medida (plataforma) hasta 30 horas

3,50

Hora/alumno curso teleformación a medida (plataforma) de máis de 31 horas

3,10

– Servizos de consultoría

€/h

Prezo hora consultoría Galicia

154,23

Prezo hora consultoría nacional

185,07

Prezo hora consultoría internacional

226,20

Aula cafetaría:

Concepto

– Refrescos, zumes, auga mineral

Refrescos

1,36

Zumes

1,36

Auga mineral 1/3

0,90

– Cervexas

Con alcohol

1,45

Sen alcohol

1,09

– Cafés, chocolates, infusións

Café só, cortado, con leite, descafeinado, chocolate e Cola Cao

0,91

Café dobre

1,18

Capuchino

1,27

Infusións

0,91

– Pinchos e bolaría

Chapata

0,73

Pincho de tortilla

1,59

Porción de pizza

1,59

Bolaría

0,91

Especialidade (pincho da semana)

1,59

Tumaca

1,36

– Suxestións

Sándwich mixto

1,73

Sándwich vexetal

1,73

Tortiñas con nata

1,09

Torradas

1,09

Batidos naturais

1,09

Aula restaurante bufete:

Concepto

€/ud.

Menú

4,55

Aula restaurante carta:

Concepto

€/ud.

Menú degustación con bebida

21,46

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2024

Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes