DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 6 de xuño de 2024 Páx. 34474

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2024 pola que se integra un funcionario do corpo de profesores titulares de escola universitaria, no corpo de profesores titulares de universidade.

A Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, establece na súa disposición adicional décima primeira que os profesores e profesoras titulares de escola universitaria que, no momento da entrada en vigor desta lei orgánica, posúan o título de doutor o doutora ou o obteñan con posterioridade, e estean acreditados especificamente no marco do previsto polo artigo 69, accederán directamente ao corpo de profesores/as titulares de universidade, nas súas propias prazas.

Unha vez solicitada por Marcelo Javier Chouza Insua, con DNI núm. ***7661**, funcionario do corpo de profesores titulares de escola universitaria da área de coñecemento de Fisioterapia, a súa integración no corpo de profesores titulares de universidade, e acreditados os requisitos exixidos, esta reitoría, no uso das facultades que lle confiren a Lei orgánica 2/2023, do sistema universitario, e os estatutos desta universidade, resolve integralo no corpo de profesores titulares de universidade, área de coñecemento de Fisioterapia, con efectos económicos e administrativos do 30 de maio de 2024.

Contra resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición, ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 30 de maio de 2024

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 16.1.2024)
María Teresa López Fernández
Vicerreitora de Profesorado