DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 6 de xuño de 2024 Páx. 34475

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, pola que notifica o requirimento para completar a solicitude de asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta de Ourense no expediente PR204A 2023/4557-3 e trece máis.

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o requirimento para completar o expediente de solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta acordada pola Comisión Provincial de Xustiza Gratuíta ao non ser posible a súa notificación persoal por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

O texto íntegro do requirimento que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na Xefatura Territorial de Ourense na avenida de La Habana, 79, 1º, 32004 Ourense.

Este requirimento suspende o prazo para ditar a resolución sobre o dereito á asistencia xurídica gratuíta polo tempo que medie entre este requirimento e o seu efectivo cumprimento polo seu destinatario ou, de non cumprilo, polo transcurso do prazo recollido neste requirimento para cumprilo.

Transcorrido o devandito prazo sen recibir a documentación solicitada, a Comisión Provincial de Asistencia Xurídica Gratuíta ditará a resolución que en dereito corresponda. Esta resolución poderá ser de denegación do recoñecemento do dereito por non xustificar o solicitante coa achega da documentación necesaria, como é a súa obriga, que reúne os requisitos previstos na lei.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 20 de maio de 2024

O director territorial de Ourense
P.O. (Orde do 29.6.2021)
Beatriz Fernández Fernández
Xefa do Servizo de Xustiza e Administración Local

ANEXO

Nº expediente

DNI / Equivalente

PR204A 2023/4557-3

55149742C

PR204A 2024/0084-3

X7560230S

PR204A 2024/0282-3

Y7615042D

PR204A 2024/0668-3

34951428F

PR204A 2024/0686-3

46746341Z

PR204A 2024/0761-3

44485501M

PR204A 2024/0773-3

54674677C

PR204A 2024/0884-3

34998577Y

PR204A 2024/1008-3

Y2148850C

PR204A 2024/1016-3

34999345S

PR204A 2024/1060-3

Y6126992J

PR204A 2024/1108-3

54674677C

PR204A 2024/1185-3

34973929Z

PR204A 2024/1387-3

76623220P