DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 6 de xuño de 2024 Páx. 34447

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2024, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 27 de maio de 2024 polo que se lles recoñece a condición de comunidade galega ás entidades Airiños da Nosa Galicia (Santa Coloma de Gramenet-Barcelona) e Irmandade Galega de Rubí (Rubí-Barcelona).

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 27 de maio de 2024, adoptou o acordo polo que se lles recoñece a condición de comunidade galega ás entidades Airiños da Nosa Galicia (Santa Coloma de Gramenet-Barcelona) e Irmandade Galega de Rubí (Rubí-Barcelona).

De conformidade co establecido no artigo 8 do Decreto 66/2014, do 23 de maio, polo que se regula o recoñecemento e a revogación da condición de comunidade galega e de centro colaborador da galeguidade, o Rexistro da Galeguidade e o seu funcionamento, é necesaria a publicación do devandito acordo, en consecuencia,

RESOLVO:

Publicar o Acordo do Consello da Xunta do día 27 de maio de 2024, que figura como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2024

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 27 de maio de 2024, adoptou entre outros o seguinte acordo:

Recoñecerlles a condición de comunidade galega ás seguintes entidades galegas asentadas fóra de Galicia:

– Airiños da Nosa Galicia (Santa Coloma de Gramenet-Barcelona).

– Irmandade Galega de Rubí (Rubí-Barcelona).