DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Xoves, 6 de xuño de 2024 Páx. 34381

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Promoción da Igualdade, pola que se resolven as solicitudes de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e para o desenvolvemento das actuacións do Plan Corresponsables, convocadas pola Resolución do 9 de febreiro de 2024, cofinanciadas parcialmente pola Unión Europea no marco do programa operativo FSE+ Galicia 2021-2027 (códigos de procedemento SI427A e SI436B).

Mediante a Resolución da Secretaría Xeral da Igualdade do 9 de febreiro de 2024 (DOG núm. 36, do 20 de febreiro), establecéronse as bases reguladoras e convocáronse para o ano 2024 as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento dos seguintes programas:

a) Programas de recursos integrais de atención especializada dirixidos específica e exclusivamente a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, segundo o establecido na disposición adicional única da Resolución do 9 de febreiro de 2024 (procedemento SI427A).

b) Programa do Plan Corresponsables para o desenvolvemento de actuacións orientadas a facilitar a conciliación das familias con menores a cargo de ata 16 anos de idade mediante a creación de bolsas de coidado profesional, a través da creación de emprego de calidade no sector dos coidados, e plans de formación e sensibilización en corresponsabilidade e coidados destinados aos homes e ás familias (procedemento SI436B).

O artigo 12.1 das bases reguladoras establece o seguinte: «de conformidade co previsto na disposición adicional primeira do Decreto 123/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, por proposta do órgano instrutor e logo da fiscalización por parte da Intervención Delegada, a resolución destas axudas correspóndelle á secretaria xeral da Igualdade».

Mediante o Decreto 42/2024, do 14 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, creouse a Consellería de Política Social e Igualdade. En virtude do Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, establécese a estrutura da Consellería de Política Social e Igualdade. Ao abeiro deste decreto suprímese a Secretaría Xeral da Igualdade e créanse no seu lugar dúas direccións xerais, a Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e a Dirección Xeral de Promoción da Igualdade.

Mediante a Resolución do 24 de abril de 2024, da conselleira de Política Social e Igualdade, determinouse que a Dirección Xeral de Promoción da Igualdade asumirá, mentres non se aprobe o decreto polo que se estableza a estrutura orgánica da Consellería de Política Social e Igualdade, as competencias da extinta Secretaría Xeral da Igualdade establecidas no Decreto 123/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, en materia de promoción da igualdade e de violencia de xénero, adscribíndoselle provisionalmente os órganos e unidades dependentes dela que subsistirán coa mesma estrutura e funcións establecidas no dito decreto.

Segundo o artigo 12.3 das bases reguladoras, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.

Unha vez rematada a fase de instrución das solicitudes recibidas na extinta Secretaría Xeral da Igualdade, avaliadas as solicitudes pola Comisión de Valoración prevista no artigo 10.2 das bases reguladoras, vista a proposta de resolución formulada polo órgano instrutor e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as subvencións para o desenvolvemento de programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e para o desenvolvemento das actuacións do Plan Corresponsables que se indican no anexo I por un importe total de 2.039.015,04 euros, con cargo ás aplicacións orzamentarias que se indica a seguir:

Aplicación

Código proxecto

Importe €

2024.38.07.313B.481.2

2023 00096

1.744.573,30

2024.38.07.312G.481.2

2021 00175

294.441,74

Segundo. No anexo II relaciónanse as solicitudes que quedan na lista de espera no procedemento SI427A segundo a orde de puntuación e que, de ser o caso, poderán ser atendidas a través do crédito que quede sen comprometer por producirse algunha renuncia, por modificación nos proxectos inicialmente presentados ou por un incremento do crédito orzamentario dispoñible destinado a estas subvencións. Para estes efectos, poderán realizarse sucesivas propostas de resolución.

Terceiro. Excluír as solicitudes que se relacionan no anexo III, con indicación da causa específica, por non cumpriren o requisito de emenda e/ou achega dos documentos preceptivos no prazo establecido, segundo o disposto no artigo 9.1 das bases reguladoras, ou ben por non cumpriren algún dos requisitos establecidos nas referidas bases.

Cuarto. Informar as entidades beneficiarias do seguinte:

a) As axudas do procedemento SI427A (programas de recursos integrais de atención especializada dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade) están cofinanciadas nun 60 % pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 no obxectivo político 4. Unha Europa máis social e inclusiva, por medio da aplicación do piar europeo de dereitos sociais; prioridade 2. Inclusión social e loita contra a pobreza; obxectivo específico 4.8. Fomentar a inclusión activa co obxecto de promover a igualdade de oportunidades, a non-discriminación e a participación activa e mellorar a empregabilidade, en particular para os grupos desfavorecidos; medida 2.H.03. Programa de atención a mulleres en situación de especial vulnerabilidade. Así mesmo, infórmase que a aceptación da subvención poderá implicar a súa aparición na lista de operacións, que se publicará nos termos establecidos no artigo 49.3 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021.

As axudas do procedemento SI436B están financiadas con fondos finalistas dos orzamentos xerais do Estado (PGE) procedentes do Ministerio de Igualdade, no marco do Plan Corresponsables, a través da liña de actuación 00524-Plan Corresponsables.

b) De acordo co establecido no artigo 3 das bases reguladoras, no procedemento SI427A (programas de recursos integrais de atención especializada dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade) as subvencións para as actuacións e actividades recollidas nesta convocatoria son incompatibles con calquera outra axuda pública para a mesma actuación ou actividade.

No procedemento SI436B (Programa do Plan Corresponsables) é posible a concorrencia con calquera outra axuda para o mesmo obxecto e finalidade, pero o seu importe en ningún caso poderá ser de tal contía que, en concorrencia con subvencións e axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo das accións subvencionadas.

Se a actividade ou actuación subvencionada xera ingresos como consecuencia de taxas de inscrición, matrículas ou equivalentes, o seu importe será deducido do gasto subvencionable despois de aplicar o tipo fixo no momento de concesión da axuda, en atención aos declarados, obtidos ou previstos na solicitude de axuda. Para o caso de que os ingresos obtidos non se fixesen constar na solicitude ou fosen superiores aos declarados nela, a dedución farase ou reaxustarase no momento do pagamento final.

No caso do programa Plan Corresponsables (SI436B), cando as entidades teñan establecido o pagamento dunha taxa pola prestación do servizo, deben establecer criterios de renda e ter en conta as cargas familiares nos prezos de acceso ao servizo para as persoas usuarias, tendentes a favorecer a gratuidade e a universalidade das actuacións. Os ingresos obtidos das cotas para o acceso das familias con maiores ingresos económicos deberán reverter no propio Plan Corresponsables e recollerse na xustificación que se vaia presentar; no caso contrario, a dedución farase ou reaxustarase no momento do pagamento final.

c) As beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, cos requisitos e obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como coas condicións e obrigas establecidas no artigo 17 (Obrigas das entidades beneficiarias) das bases reguladoras e demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación.

d) No artigo 19 (Reintegro e sancións) das bases reguladoras establécense os criterios de gradación dos posibles incumprimentos que determinan, de ser o caso, a perda do dereito ao cobramento da subvención, a minoración da cantidade concedida ou, de ser o caso, o reintegro total ou parcial da axuda percibida.

e) Unha vez notificada a resolución de concesión da subvención, a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez (10) días a súa aceptación, e comprometerse a executar o programa ou actuación subvencionada no prazo e nas condicións establecidas na convocatoria. No caso de non comunicar o dito aspecto no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada.

f) De acordo co establecido no artigo 16 das bases reguladoras, realizarase un primeiro pagamento do 90 % da contía da subvención concedida, en concepto de pagamento anticipado, que se fará efectivo unha vez realizada a notificación da resolución de concesión. As entidades beneficiarias quedan exoneradas da obriga de constituír garantías.

O 10 % restante, ou a parte que corresponda, librarase logo da xustificación polas entidades beneficiarias do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención e demais condicións exixidas nesta resolución.

g) O período de referencia para o desenvolvemento do correspondente programa e para a imputación dos gastos subvencionables é o seguinte:

– Procedemento SI427A (programas de recursos integrais de atención especializada dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade): do 1 de setembro de 2023 ata o 31 de agosto de 2024, ambos os dous incluídos.

– Procedemento SI436B (Programa do Plan Corresponsables): do 1 de outubro de 2023 ata o 30 de setembro de 2024, ambos os dous incluídos.

h) As datas límite para a presentación da documentación xustificativa necesaria para proceder ao pagamento da correspondente subvención son as seguintes:

– Procedemento SI427A (programas de recursos integrais de atención especializada dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade): 12 de setembro de 2024.

– Procedemento SI436B (Programa do Plan Corresponsables): 11 de outubro de 2024.

A falta de presentación da xustificación no prazo establecido para o efecto comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e as demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia, segundo o disposto no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da citada lei.

i) No procedemento SI427A (programas de recursos integrais de atención especializada dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade) as actuacións xustificaranse a través das modalidades de custos simplificados, consonte o disposto nos artigos 53, 55 e 56 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, segundo módulo ou custo unitario por hora efectivamente traballada, calculado sobre o correspondente custo directo de persoal, máis un 20 % en concepto de gastos directos e indirectos derivados do programa, segundo o establecido no artigo 24.7 das bases reguladoras. Para estes efectos, deberá presentarse a documentación xustificativa relacionada no artigo 15.1.3 das bases reguladoras.

No procedemento SI436B (Programa do Plan Corresponsables) a xustificación realizarase a custo real mediante a presentación de nóminas, facturas ou documentos de valor probatorio equivalente acreditativos dos gastos de persoal correspondentes ás actuacións subvencionadas. Para estes efectos, deberá presentarse a documentación xustificativa relacionada no artigo 15.2.3 das bases reguladoras.

Quinto. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a directora xeral de Promoción da Igualdade, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao desta publicación, de acordo co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2024

María Quintiana Pérez
Directora xeral de Promoción da Igualdade

ANEXO I

Concesións

a) Procedemento SI427A.

Número de expediente

Entidade

NIF

Programa

Data inicio programa

Data fin programa

Contía solicitada

Núm. de horas totais imputadas ao programa

Custo de persoal segundo custo unitario hora

Importe taxa fixa 20 %

Núm. mínimo usuarias

Núm. mínimo usuarias con atención continuada

Puntos

Tramo (%)

Importe concesión

SI427A 2024/45

ONG Mestura

G15940414

Programa Neneiras

1.9.2023

31.8.2024

40.000,00

1.799

34.372,07

6.874,41

42

25

100

100 %

40.000,00

SI427A 2024/49

Asociación Familiares de Enfermos Alzhéimer Chantada

G27320225

Gabinete de apoio á muller coidadora

1.9.2023

31.8.2024

30.180,71

1.323

25.151,91

5.030,38

31

19

94

90 %

27.164,06

SI427A 2024/84

Asociación de Ayuda y Atención al Preso de A Coruña

G15414667

Programa Silvia

1.9.2023

31.8.2024

40.000,00

1.664

33.330,14

6.666,03

39

23

94

90 %

35.996,55

SI427A 2024/85

Asociación Antonio Noche

G15210388

Confeccionando o teu futuro

1.9.2023

31.8.2024

40.000,00

1.725

33.341,15

6.668,23

40

24

94

90 %

36.008,44

SI427A 2024/86

Asociación Iris Social

G16824088

Redeiras

1.12.2023

31.8.2024

39.175,70

1.672

32.647,54

6.529,51

39

23

93

90 %

35.259,35

SI427A 2024/88

Asociación de Acción Social, Educación Permanente y de Servicios a la Juventud y a la Mujer Tempus

G15681000

Mulleres tecendo redes

1.9.2023

31.8.2024

40.000,00

1.626

33.333,00

6.666,60

38

23

91

90 %

35.999,64

SI427A 2024/11

Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia-Feafes

G15545353

Atención integral a mulleres con problemas de saúde mental en situación de vulnerabilidade

1.9.2023

31.8.2024

40.000,00

1.851

33.336,51

6.667,30

43

26

90

90 %

36.003,43

SI427A 2024/89

ONGD Senvalos

G70610282

Valía

1.9.2023

31.8.2024

40.000,00

1.720

35.110,60

7.022,12

40

24

89

90 %

37.919,45

SI427A 2024/19

Acción Familiar Ferrol (AFA Ferrol)

G15745466

Reinvéntate-programa de apoio integral a mulleres en situación de especial vulnerabilidade

30.10.2023

31.8.2024

8.073,70

350

6.836,36

1.367,27

8

5

88

90 %

7.383,27

SI427A 2024/18

Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer y otras demencias de Galicia-Afaga Alzhéimer

G36776920

Programa de atención integral a mulleres coidadoras de persoas con demencia

1.9.2023

31.8.2024

40.000,00

2.905

59.552,50

11.910,50

68

41

86

90 %

40.000,00

SI427A 2024/20

Asociación de Mulleres Algueirada de Manzaneda

G32354227

Servizo de atención a mulleres maiores que viven soas ou con persoas dependentes ao seu cargo

1.9.2023

31.8.2024

25.307,48

1.161

21.091,38

4.218,28

27

16

86

90 %

22.778,69

SI427A 2024/27

Federación Aspace Galicia

G36344950

Aspace-Coñece os teus dereitos: atención especializada a mulleres con parálise cerebral

1.9.2023

31.8.2024

36.900,00

1.500

30.750,00

6.150,00

35

21

86

90 %

33.210,00

SI427A 2024/60

Asociación Andaina Pro Saúde Mental

G70264999

Atención integral para a promoción da autonomía das mulleres no rural con trastorno mental 2024

1.9.2023

31.8.2024

23.271,60

946

19.393,00

3.878,60

22

13

86

90 %

20.944,44

SI427A 2024/77

Asociación de Mulleres Anel

G32207516

Servizo de atención ás mulleres maiores que viven soas ou con persoas dependentes ao seu cargo

1.9.2023

31.8.2024

39.999,60

1.626

33.333,00

6.666,60

38

23

86

90 %

35.999,64

SI427A 2024/13

Asociación Galega para Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzhéimer- Agadea

G15483498

Coidando na igualdade

1.9.2023

31.8.2024

24.224,11

1.032

20.187,39

4.037,48

24

14

85

90 %

21.802,38

SI427A 2024/33

Asociación pola Igualdade e a Coeducación- Apico

G94088549

Programa Apico 2023/2024: plan de loita, información e apoio integral para vítimas de violencia de xénero

1.9.2023

31.8.2024

19.704,50

880

16.421,50

3.284,30

20

12

85

90 %

17.735,22

SI427A 2024/36

Asociación Mirabal

G70312954

Programa Mimosa 2023/2024

1.9.2023

31.8.2024

20.417,50

785

15.128,95

3.025,79

18

11

85

90 %

16.339,27

SI427A 2024/79

Ecos do Sur

G15354483

Apoio a nais

1.9.2023

31.8.2024

40.000,00

1.843

37.097,96

7.419,59

43

26

85

90 %

40.000,00

SI427A 2024/03

Asociación Íntegro das Persoas con Diversidade Funcional da Costa da Morte

G15173263

PIMD Rural

1.9.2023

31.8.2024

23.886,50

1.050

19.906,50

3.981,30

24

14

82

80 %

19.110,24

SI427A 2024/30

Fundación Érguete-Integración

G36861078

Proxecto E.V.A. (Emprego-Visibilidade-Autonomía)

1.9.2023

31.8.2024

39.987,00

1.720

33.322,78

6.664,56

40

24

82

80 %

31.989,87

SI427A 2024/41

Asociación Arraianas

G70179189

Programa Aloia

15.3.2024

31.8.2024

13.972,80

624

11.644,80

2.328,96

15

9

82

80 %

11.179,01

SI427A 2024/44

Asociación de Ayuda a los Toxicómanos Érguete

G36642726

Intervención desde unha perspectiva de xénero con mulleres reclusas ou ex-reclusas

1.9.2023

31.8.2024

40.000,00

1.626

33.333,00

6.666,60

38

23

82

80 %

31.999,68

SI427A 2024/48

Asociación Diversidades

G27783950

Donas da cidade 2024

1.9.2023

31.8.2024

40.000,00

1.758

33.338,30

6.667,66

41

25

82

80 %

32.004,77

SI427A 2024/70

Fundación Impulsarse para el Desarrollo del Empleo y la Integración Social

G27866763

Gaia V

21/12/23

31.8.2024

39.986,70

1.651

33.322,60

6.664,52

38

23

82

80 %

31.989,70

SI427A 2024/17

Asociación de Coaching para el Desarrollo Social y Comunitario Daleth

G70480595

Programa Daleth 2023/24 para mulleres en situación de especial vulnerabilidade: Bolboretas 8.0

1.9.2023

31.8.2024

39.999,60

1.626

33.333,00

6.666,60

38

23

81

80 %

31.999,68

SI427A 2024/29

Asociación Penitenciaria Concepción Arenal

G27119809

Atención integral a mulleres en situación pre, intra e post-penitenciaria e familiares afectadas

1.9.2023

31.8.2024

39.837,00

1.626

33.333,00

6.666,60

38

23

81

80 %

31.999,68

SI427A 2024/40

Asociación Labregas

G15945686

Sensibilización e prevención social e dinamización comunitaria

1.9.2023

31.8.2024

40.000,00

2.713

50.728,63

10.145,73

63

38

81

80 %

40.000,00

SI427A 2024/42

Asociación Mulleres en Igualdade de Vigo

G27712306

Violencia de xénero, unha realidade oculta

1.9.2023

31.8.2024

48.168,48

2.066

40.141,88

8.028,38

48

29

81

80 %

38.536,21

SI427A 2024/50

Asociación Faraxa pola Abolición da Prostitución

G27728658

Importas 6: atención a mulleres en situación de especial vulnerabilidade social

1.9.2023

31.8.2024

39.126,54

1.695

32.601,12

6.520,22

39

23

81

80 %

31.297,07

SI427A 2024/54

Asociación Punto Delas_Secretaría das Mulleres

G70370119

Escola de igualdade

1.9.2023

31.8.2024

40.000,00

2.752

50.056,54

10.011,31

64

38

81

80 %

40.000,00

SI427A 2024/57

Agrupación de AAVV do Rural e da Periferia do Concello de Ourense-Miño

G32408023

Rede Veciñal de Mulleres

1.9.2023

31.8.2024

19.926,00

810

16.605,00

3.321,00

19

11

81

80 %

15.940,80

SI427A 2024/73

Confederación Galega de Persoas con Discapacidade -Cogami

G32115941

Servizo de atención especializada á muller con discapacidade

1.1.2024

31.8.2024

40.000,00

2.325:38

42.138,75

8.427,75

54

32

81

80 %

40.000,00

SI427A 2024/80

Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia- Acadar

G70223417

Enrédate 6ª edición

1.1.2024

31.8.2024

29.028,00

1.180

24.190,00

4.838,00

27

16

81

80 %

23.222,40

SI427A 2024/55

Down Pontevedra Xuntos Asociación Síndrome de Down

G36164887

Programa de apoderamento e atención e atención integral a mulleres con síndrome de Down e familiares mulleres

1.9.2023

31.8.2024

25.544,64

1.298

26.609,00

5.321,80

30

18

80

80 %

25.544,64

SI427A 2024/59

Valores Innovation

G70377585

A tribo de Malala

1.9.2023

31.8.2024

33.127,10

1.663

28.448,78

5.689,76

39

23

80

80 %

27.310,83

SI427A 2024/68

Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia- Fademur

G70101647

Servizo integral para mulleres do rural en situación de vulnerabilidade

1.9.2023

31.8.2024

40.000,00

1.752

34.780,56

6.956,11

41

25

80

80 %

33.389,34

SI427A 2024/37

Asociación para el Empoderamiento de Personas Vulnerables y/o en Riesgo de Exclusión Social -Aperes

G70573514

Programa Aperes 2023/2024

1.9.2023

31.8.2024

11.642,20

473

9.176,09

1.835,22

11

7

79

80 %

8.809,05

SI427A 2024/74

Fundación Amigos de Galicia

G15859911

Em-podérate

1.11.2023

31.8.2024

36.162,00

1.470

30.135,00

6.027,00

34

20

78

80 %

28.929,60

SI427A 2024/39

Asociación Veciñal As Termas

G32334989

Espazo veciñal de apoio ás mulleres

4.9.2023

30.8.2024

14.956,80

608

12.464,00

2.492,80

14

8

77

80 %

11.965,44

SI427A 2024/61

Asociación Nós Mesmas

G27718907

Para Nós, servizo integral de atención a mulleres LBT

1.1.2024

31.8.2024

40.000,00

1.943

39.831,50

7.966,30

45

27

77

80 %

38.238,24

SI427A 2024/62

Asociación Xarela Formación- Animación

G32261307

Valor-es

1.1.2024

31.8.2024

19.852,20

807

16.543,50

3.308,70

19

11

77

80 %

15.881,76

SI427A 2024/31

Unión General de Trabajadores de Galicia-UGT

G15383011

Servizo de atención a mulleres inmigrantes e emigrantes retornadas

1.9.2023

31.8.2024

38.400,60

1.561

32.000,50

6.400,10

36

22

76

80 %

30.720,48

SI427A 2024/38

Auxilia Delegación Lugo

G08317059

Diversas pero iguais IX

1.9.2023

31.8.2024

13.530,00

550

11.275,00

2.255,00

13

8

76

80 %

10.824,00

SI427A 2024/56

Arelas

Asociación de Familias de Menores e Mocidade Trans de Galicia

G27820182

Apodéra-T. Ti, tránsito cara a túa liberdade

1.1.2024

31.8.2024

34.300,00

1.468

28.898,80

5.779,76

34

20

76

80 %

27.742,85

SI427A 2024/06

Asociación Alume Saúde Mental

G27198977

Pluriasistencial de apoio e rehabilitación con aloxamento para mulleres en situación de especial vulnerabilidade

1.9.2023

31.8.2024

40.000,00

1.720

35.260,00

7.052,00

15

15

75

80 %

33.849,60

SI427A 2024/10

Down Vigo: Asociación para el Síndrome de Down

G36697324

Recursos integrais de atención personalizada e grupal a mulleres con Síndrome de Down ou discapacidade intelectual

1.9.2023

31.8.2024

40.000,00

1.720

35.260,00

7.052,00

40

24

75

80 %

33.849,60

SI427A 2024/16

Asociación Aliad Ultreia

G27021120

Programa Senlleiras

1.9.2023

31.8.2024

39.999,60

1.626

33.333,00

6.666,60

38

23

75

80 %

31.999,68

SI427A 2024/26

Asociación Pro Saúde Mental A Creba

G15476310

Apoio integral a mulleres con doenzas mentais procedentes do medio rural

1.9.2023

31.8.2024

7.616,16

258

5.289,00

1.057,80

6

4

75

80 %

5.077,44

SI427A 2024/52

Asociación Limisi

G32302671

Nós

1.1.2024

31.8.2024

23.849,60

1.280

23.849,60

4.769,92

30

18

72

70 %

20.033,66

SI427A 2024/05

Asociación Amicos

G15747678

Programa mulleres, maltrato e prevención do maltrato

1.9.2023

31.8.2024

39.740,60

1.720

33.118,60

6.623,72

40

24

71

70 %

27.819,62

SI427A 2024/22

Asociación de Diagnosticados de Cancro de Mama

G36380301

Forza rapazas 2024! Programa de apoderamento para mulleres en situación de especial vulnerabilidade

1.9.2023

31.8.2024

29.298,60

1.191

24.415,50

4.883,10

28

17

71

70 %

20.509,02

SI427A 2024/28

Asociación Síndrome de Down de Lugo

G27202043

Programa de atención integral para o fortalecemento das capacidades persoais, sociais e laborais de mulleres con Síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais da provincia de

Lugo

1.1.2024

31.8.2024

28.560,60

1.161

23.800,50

4.760,10

27

16

71

70 %

19.992,42

SI427A 2024/24

Asociación Down Ourense

G32311870

Programa de atención integral dirixido a mulleres con discapacidade intelectual e Síndrome de Down en particular para favorecer a súa inclusión no entorno

1.1.2024

31.8.2024

25.009,80

1.075

20.842,30

4.168,46

25

15

70

70 %

17.507,53

SI427A 2024/34

Asociación Redmadre Ourense

G32394082

Nais e fill@s

1.9.2023

31.8.2024

27.363,70

1.369

22.803,08

4.560,62

32

19

70

70 %

19.154,59

SI427A 2024/35

Asociación de Ayuda a la Vida-AYUVI

G36802536

Ti podes

1.9.2023

31.8.2024

39.988,94

1.795

35.799,01

7.159,80

42

25

70

70 %

30.071,17

SI427A 2024/58

Asociación Red Madre Pontevedra

G27707686

Nais e fill@s

1.9.2023

31.8.2024

26.574,84

1.240

22.145,70

4.429,14

29

17

70

70 %

18.602,39

SI427A 2024/09

Asociación para o Desevolvemento Social do Deza

G36527745

Ollando cara o futuro IV

1.4.2024

31.8.2024

13.382,40

544

11.152,00

2.230,40

13

8

69

70 %

9.367,68

SI427A 2024/14

Asociación de Viúvas María Andrea

G32014334

Apoiando na soidade

1.9.2023

31.8.2024

35.670,00

1.450

29.725,00

5.945,00

34

20

68

70 %

24.969,00

SI427A 2024/83

Asociación Ámbar das Persoas con Diversidade Funcional

G15052434

OIGO. Programa integral de apoderamento e autoxestión para mulleres

1.9.2023

31.8.2024

15.111,30

731

12.594,44

2.518,89

17

10

68

70 %

10.579,33

SI427A 2024/67

Cáritas Diocesana de Tui Vigo

R3600368I

Agarimo IX

1.9.2023

31.8.2024

11.562,00

470

9.635,00

1.927,00

11

7

67

70 %

8.093,40

SI427A 2024/76

Asociación Raíña Paraíso

G70461009

Ecoelas IV

1.9.2023

31.8.2024

34.576,00

1.600

32.800,00

6.560,00

37

22

67

70 %

27.552,00

SI427A 2024/69

Cruz Roja Española

Q2866001G

Cerca de ti

1.1.2024

31.8.2024

29.200,00

1.258

22.656,58

4.531,32

29

17

66

70 %

19.031,53

SI427A 2024/02

Asociación Participacción

G32477127

Abrindo cancelas con flores

5.9.2023

31.8.2024

8.462,40

344

7.052,00

1.410,40

8

5

65

70 %

5.923,68

SI427A 2024/47

Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia_ FAXPG

G15068091

Recursos especializados para mulleres xordas

1.9.2023

31.8.2024

29.643,00

1.205

24.702,50

4.940,50

28

17

65

70 %

20.750,10

SI427A 2024/51

Asociación Redmadre Coruña

G70180229

Briana

1.9.2023

31.8.2024

34.218,60

1.391

28.515,50

5.703,10

32

19

65

70 %

23.953,02

SI427A 2024/07

Fundación CIP

G15849318

Programa mulleres en Igualdade

1.4.2024

31.8.2024

40.000,00

930

17.994,30

3.598,86

22

13

62

60 %

12.955,90

SI427A 2024/82

Fundación Ronsel

G15752660

Córdoba: apoderamento da muller migrante e retornada galega a través do emprendemento e a creación de redes

1.1.2024

31.8.2024

12.907,28

554

10.141,88

2.028,38

13

8

62

60 %

7.302,16

SI427A 2024/87

Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra-Femupo

G94200326

Femupo Contigo

1.3.2024

31.8.2024

19.946,00

1.035

16.628,70

3.325,74

24

14

62

60 %

11.972,66

SI427A 2024/23

Asociación Cimo Prestadora de Servizos

G320104498

Actívate

1.1.2024

31.8.2024

5.608,80

228

4.674,00

934,80

5

3

61

60 %

3.365,28

SI427A 2024/71

Asociación de Mulleres Pedra da Vella

G36837433

Amparando mulleres

1.10.2023

31.8.2024

40.000,00

2.210

40.446,76

8.089,35

51

31

61

60 %

29.121,67

b) Procedemento SI436B.

Núm. de expediente

Entidade

NIF

Nome da medida

Importe solicitado

Importe elixible (€)*

Ptos.

Tramo (%)

Importe concesión

SI436B 2024/03

Asociación Galega de Familias de Acollida Acougo

G70605530

Acollemento familiar corresponsable

50.000,00

53.451,20

100

95,00 %

50.000,00

SI436B 2024/05

Patronato Concepción Arenal

G15030372

Camiño cara a corresponsabilidade dende a corresponsabilidade

50.000,00

55.000,00

100

95,00 %

50.000,00

SI436B 2024/19

Asociación de Familias Monomarentais de Galicia (Fagamos)

G05324314

Currunchiños de conciliación

19.900,00

21.890,00

94

95,00 %

20.795,50

SI436B 2024/04

Asociación de Movilidad Humana para la Colaboración y el Desarrollo

G70464334

Plan comunitario de conciliación

42.703,88

44.331,32

88

95,00 %

42.114,75

SI436B 2024/18

Asociación Antonio Noche

G15210388

Concilia Antonio Noche

6.198,50

6.818,35

85

95,00 %

6.477,43

SI436B 2024/11

Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia

G70101647

Corresponsabilízate!

10.000,00

11.000,00

80

90,00 %

9.900,00

SI436B 2024/16

Ecos do Sur

G15354483

Equipa

4.882,50

5.370,75

80

90,00 %

4.833,68

SI436B 2024/12

Asociación Centinelas

G70390745

Servicio de conciliación familiar

6.961,00

7.657,10

77

90,00 %

6.891,39

SI436B 2024/13

Asociación de Mulleres en Igualdade de Vigo

G27712306

+Corresponsables

10.000,00

9.543,60

74

80,00 %

7.634,88

SI436B 2024/10

Federación de Mulleres do Rural da Provincia de Lugo Afammer Lugo

G72927957

Campamento urbano Afammer Corresponsables Lugo 2024

40.000,00

38.174,40

73

80,00 %

30.539,52

SI436B 2024/15

Cruz Roja Española

Q2866001G

Formación en corresponsabilidade

10.000,00

11.000,00

72

80,00 %

8.800,00

SI436B 2024/02

Federación Provincial de Mulleres Rurais Ourense-Femuro

G32237869

Femuro verán: programa de conciliación

6.108,39

6.719,23

70

80,00 %

5.375,38

SI436B 2024/06

Asociación Casa da Muller

G70581517

Conciliación e igualdade a casa da muller

33.034,11

31.598,72

70

80,00 %

25.278,98

SI436B 2024/01

Asociación para o Desenvolvemento Social da Comarca do Deza

G36527745

Conciliamos contigo

21.600,00

23.760,00

67

80,00 %

19.008,00

SI436B 2024/22

Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra

G94200326

Ludoconcilia Femupo

2.233,00

2.456,30

64

75,00 %

1.842,23

SI436B 2024/14

Asociación de Mulleres en Igualdade de Tui

G94194701

Responsabilidade compartida: capacitación para familias

6.000,00

6.600,00

64

75,00 %

4.950,00

(*) Custos directos de persoal máis un 10 % e menos os ingresos percibidos que non se reverten no propio plan, de ser o caso (co límite establecido no artigo 27.8 da Resolución do 9 de febreiro de 2024, DOG núm. 36, do 20 de febreiro).

ANEXO II

Llista de espera no procedemento SI427A

Orde

Núm. de expediente

Entidade

NIF

Programa

Data

inicio programa

Data fin programa

Contía solicitada

Núm. de horas totais imputadas ao programa

Custo de persoal segundo custo unitario hora

Importe taxa fixa 20 %

Núm. mínimo usuarias

Núm. mínimo usuarias con atención continuada

Ptos.

Tramo (%)

Importe

1

SI427A 2024/53

Congregación Siervas de la Pasión

R0800086A

Atención psicosocial a mulleres xestantes e/ou con nenos/as menores de dous anos

1.9.2023

31.8.2024

40.000,00

3.132

59.923,20

11.984,64

27

27

60

60 %

40.000,00

2

SI427A 2024/08

Asociación Saúde Mental A Mariña

G27262799

Coidando de min VIII

1.9.2023

31.5.2024

13.751,40

559

11.459,50

2.291,90

13

8

59

60 %

8.250,84

3

SI427A 2024/63

Fundación Amigó

G81454969

Acompañando

1.2.2024

31.8.2024

24.673,80

1.003

20.561,50

4.112,30

23

14

57

60 %

14.804,28

4

SI427A 2024/01

Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo

G36928646

Xuntas

1.9.2023

31.8.2024

9.003,60

366

7.503,00

1.500,60

9

5

52

50 %

4.501,80

5

SI427A 2024/21

Cáritas Diocesana Santiago

R1500053B

Crianza en activo

1.9.2023

31.8.2024

40.000,00

1.720

35.260,00

7.052,00

40

24

51

50 %

21.156,00

6

SI427A 2024/78

Federación Escolas Agrarias de Galicia EFA

G15299357

Mulleres con proxecto: servizo de emprendemento e asesoramento persoal 2024

5.2.2024

31.7.2024

5.800,00

332

6.806

1.361,20

8

5

47

50 %

4.083,60

7

SI427A 2024/15

Asociación de Padres o Tutores de Personas con Discapacidad Intelectual de Lugo-ASPNAIS

G27018365

Programa de igualdade para as mulleres con discapacidade intelectual de ASPNAIS

1.9.2023

32.7.2024

32.959,50

1.500

27.468,50

5.493,70

35

21

47

50 %

16.481,10

8

SI427A 2024/12

Asociación O Son do Pobo

G94017704

Apoio, asesoramento, seguimento e acompañamento a persoas desfavorecidas en risco exclusión social

1.9.2023

31.8.2024

9.950,00

284

5.468,42

1.093,68

7

4

46

50 %

3.281,05

ANEXO III

Solicitudes denegadas e desistidas

a) Procedemento SI427A.

Núm. de expediente

Entidade

NIF

Programa

Causa

SI427A 2024/66

Asociación Xaruma

G27746486

Proxecto Lita

Artigo 24.9 das bases reguladoras: non acada unha puntuación mínima de 45 puntos.

SI427A 2024/64

Asociación Síndrome de Down de A Coruña

G15731466

Espazos de escoita

Artigo 24.9 das bases reguladoras: non acada unha puntuación mínima de 45 puntos.

SI427A 2024/72

Asociación Española contra el Cáncer

G28197564

Atención integral a mulleres con cancro en situación de vulnerabilidade

Artigo 24.9 das bases reguladoras: non acada unha puntuación mínima de 45 puntos.

SI427A 2024/04

Guantes de Oro Boxing Club

G56224769

Defénde-T

1. Artigo 23.1.a) das bases reguladoras: a entidade non está inscrita na área de igualdade do RUEPSS.
2. Artigo 24.4 das bases reguladoras: o programa non está dirixido en exclusiva a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.
3. Artigo 24.5 das bases reguladoras: non son subvencionables as actividades de mero lecer, recreo, deportivas, lúdicas ou culturais.

SI427A 2024/25

Asociación Patronato Concepción Arenal

G15030372

Programa de mediación intercultural para mulleres Concepción Arenal

Artigo 24.6 das bases reguladoras: o período de referencia para o desenvolvemento do programa e para a imputación dos gastos subvencionables non está comprendido entre o 1 de setembro de 2023 e o 31 de agosto de 2024.

SI427A 2024/32

Asociación de Persoas con Parálise Cerebral de Lugo

G27178904

Coidar e ser coidada

Artigo 9.1 das das bases reguladoras: non presenta a documentación requirida mediante a Resolución do 9 de abril de 2024 (DOG núm. 77, do 18 de abril).

SI427A 2024/43

Fundación Menela

G36685964

Programa mulleres en situación de vulnerabilidade

Artigo 23.1.a) das bases reguladoras: a entidade non está inscrita na área de igualdade do RUEPSS.

SI427A 2024/46

Asociación Autismo ApúntasTe

G10924322

Cóidome

Artigo 9.1 das das bases reguladoras: non presenta a documentación requirida mediante a Resolución do 9 de abril de 2024 (DOG núm. 77, do 18 de abril).

SI427A 2024/65

Xeracción, S. Coop. Galega

F32479040

Mulleres

Artigo 23.2 das bases reguladoras: entidade excluída do ámbito de aplicación deste procedemento.

SI427A 2024/75

Confraternidad Carcelaria de España-Concaes

G79933537

Muller e prisión

Artigo 24.4 das bases reguladoras: o programa non está dirixido en exclusiva a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

SI427A 2024/81

Asociación de Amas de Casa, Consumidores y Usuarios

G15049034

Recursos integrais de atención especializada a mulleres en situación de vulnerabilidade

Desistencia expresa: artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

b) Procedemento SI436B.

Núm. de expediente

Entidade

NIF

Programa

Causa

SI436B 2024/07

Asociación E-Deidades para a Integración Laboral e Social da Muller

G27431873

Eclipse

Artigo 27.2.2 das bases reguladoras: acción non subvencionable

SI436B 2024/08

Asociación Autismo Apúntaste

G10924322

Plan Corresponsables Apúntaste

Artigo 26.1.a) das bases reguladoras: a entidade non está inscrita na Área de Igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).

SI436B 2024/09

Fundación Infiar

G16675928

Garaxe de Ideas

Artigo 26.1.a) das bases reguladoras: a entidade non está inscrita na Área de Igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).

SI436B 2024/17

Federación Escuelas Familiares
Agrarias Galicia

G15299357

Agora TocaNÓS

Artigo 9 das das bases reguladoras: non presenta a documentación requirida mediante a Resolución do 9 de abril de 2024 (DOG núm. 77, do 18 de abril).

SI436B 2024/20

Asociación AXEL Asociación de
Xóvenes Emprendedores Lucenses

G27305218

Aneis de Compromiso

Artigo 27.2.2 das bases reguladoras: acción non subvencionable

SI436B 2024/21

Asociación de Acción Social, Educación Permanente y de Servicios a la Juventud y a la Mujer Tempus

G15681000

Non achega

Artigo 9 das das bases reguladoras: non presenta a documentación requirida mediante a Resolución do 9 de abril de 2024 (DOG núm. 77, do 18 de abril).