DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 5 de xuño de 2024 Páx. 34049

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2024, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se fai pública a convocatoria ordinaria da reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas.

En cumprimento do establecido nos artigos 27 e 28 do Decreto 111/2015, do 6 de agosto, polo que se aproba o Regulamento de organización e de funcionamento do Consello de Comunidades Galegas, coa conformidade do presidente da Xunta de Galicia,

RESOLVO:

Facer pública a convocatoria ordinaria da reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, que terá lugar o día 27 de xuño de 2024 en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2024

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración