DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 4 de xuño de 2024 Páx. 33778

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2024.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Economía e Industria, anterior Consellería de Economía, Industria e Innovación, nos meses de xaneiro a abril do ano 2024, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2024

José Ramón Pardo Cabarcos
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Economía e Industria, anterior Consellería de Economía, Industria e Innovación, nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2024

Convenio

Data de sinatura

Importe total do convenio

Convenio entre a Consellería de Economía, Industria e Innovación e o Consello Galego de Cámaras, polo que se instrumenta unha encomenda de xestión de colaboración técnica na valoración obxectiva das solicitudes de inclusión no Plan autonómico de impulso e aceleración de proxectos industriais e para a declaración como proxectos industriais estratéxicos e proxectos de interese autonómico.

12.1.2024

149.500,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Industria e Innovación e a Corporación Voz de Galicia, S.L.U. para elaborar e publicar en La Voz de Galicia e outros medios do grupo información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

8.2.2024

149.058,97 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Industria e Innovación e a entidade El Progreso de Lugo, S.L., editora do xornal El Progreso para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

8.2.2024

27.478,04 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Industria e Innovación e a entidade Lérez Ediciones, S.L.U., editora do xornal Diario de Pontevedra para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

8.2.2024

6.022,58 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Industria e Innovación e a entidade Faro de Vigo, S.A.U., editora do xornal Faro de Vigo para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

9.2.2024

65.119,20 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Industria e Innovación e a entidade La Región, S.A., editora do xornal La Región para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

9.2.2024

23.713,93 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Industria e Innovación e a entidade EPI Prensa, S.L.U., editora do xornal El Correo Gallego para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

9.2.2024

12.797,99 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Industria e Innovación e a entidade Editorial La Capital, S.L., editora do xornal El Ideal Gallego, Diario de Ferrol e Diario de Arousa para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

9.2.2024

6.399,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Industria e Innovación e a entidade Opinión de La Coruña, S.L., editora do xornal La Opinión A Coruña para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

9.2.2024

6.775,41 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Industria e Innovación e a entidade Rías Baixas de Comunicación, S.A., editora do xornal Atlántico para elaborar e publicar información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería que resulten de interese para a cidadanía.

9.2.2024

2.634,88 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Industria e Innovación e o Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A. para a dinamización e impulso dos viveiros industriais dos parques empresariais galegos da provincia de Ourense.

14.3.2024

95.000,00 €

Convenio marco de colaboración institucional entre a Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia e a Universidade da Coruña para o intercambio de coñecemento, a formación e a difusión no marco do proxecto de compra pública de innovación Centro galego de solucións innovadoras en torno á cadea de valor do H2 verde.

15.3.2024

Sen achega económica

Convenio marco de colaboración institucional entre a Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para o intercambio de coñecemento, a formación e a difusión no marco do proxecto de compra pública de innovación Centro galego de solucións innovadoras en torno á cadea de valor do H2 verde.

15.3.2024

Sen achega económica

Convenio marco de colaboración institucional entre a Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo para o intercambio de coñecemento, a formación e a difusión no marco do proxecto de compra pública de innovación Centro galego de solucións innovadoras en torno á cadea de valor do H2 verde.

15.3.2024

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Industria e Innovación e a entidade colaboradora Abanca Corporación Bancaria, S.A. para a entrega e distribución dos fondos das axudas do programa de dinamización e incentivación do consumo nos comercios retallistas da Comunidade Autónoma de Galicia a través dos bonos Activa comercio.

20.3.2024

60.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Industria e Innovación e a Fundación Venancio Salcines para a coordinación da estratexia de dinamización dos viveiros industriais dos parques empresariais galegos e o impulso dos existentes nas provincias da Coruña e Pontevedra.

25.3.2024

395.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía, Industria e Innovación e a Fundación CEL Iniciativas por Lugo para a dinamización e impulso dos viveiros industriais dos parques empresariais galegos da provincia de Lugo.

11.4.2024

200.000,00 €

Convenio entre a Consellería de Economía e Industria e a Asociación Galega do Hidróxeno para o impulso e desenvolvemento do sector industrial do hidróxeno verde en Galicia.

29.4.2024

147.000,00 €