DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 4 de xuño de 2024 Páx. 33800

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro) e modificado polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 26, do 7 de febreiro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión do tribunal que tivo lugar o día 20 de maio de 2024, o tribunal que cualifica o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro) e modificado polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Mediante a Resolución do 29 de febreiro de 2024 convocouse, segundo o previsto na base III.1.2.6 da convocatoria, o segundo exercicio do proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial.

De conformidade co disposto na base III.1.1.2, o exercicio consistiu no desenvolvemento por escrito dun (1) tema, para elixir entre os tres (3) obtidos mediante sorteo de entre os que figuran na parte específica do programa. En virtude do previsto nas citadas bases, por acordo deste tribunal do 6 de marzo de 2024, establecéronse os criterios de corrección, valoración e superación do exercicio.

En atención á corrección efectuada respectando os devanditos criterios:

«1. A persoa aspirante deberá demostrar o dominio ou o coñecemento completo do tema que desenvolva, de xeito ordenado e estruturado, de acordo co tempo máximo para a súa exposición e tendo en conta as epígrafes do temario recollidas na parte específica do programa que figura na Resolución do 20 de decembro de 2022 (DOG núm. 242, do 22 de decembro).

Non se valorarán os coñecementos que constitúan divagacións ou que non se cingan ás epígrafes do tema.

2. A cualificación dos aspirantes determinarase calculando a nota media que corresponde ao exercicio en función das puntuacións outorgadas por cada un dos membros, excluída a nota máis alta e a máis baixa, sendo a nota final do exercicio do aspirante a media aritmética das notas válidas non excluídas.

Atendendo ao anterior, cada membro do tribunal outorgaralle unha cualificación de 0 a 30 puntos ao tema desenvolto polo aspirante.

3. A expresión escrita valorarase globalmente e terase en conta, ademais da claridade, a orde de ideas e a calidade da expresión, a ortografía e a caligrafía. O tribunal obviará as oracións con palabras inintelixibles, cunha sintaxe deficiente ou que se fagan incomprensibles por outras causas.

De acordo co anterior, superarán o segundo exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que, logo da valoración segundo o indicado nos puntos precedentes, acaden unha puntuación final nel igual ou superior a 15 puntos».

Rematado o proceso de corrección, o tribunal acordou publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio do proceso selectivo no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

Segundo. De acordo co disposto na base III.1.2.8 da orde da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. De conformidade coa base V.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da consellería con competencias en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2024

Roberto Álvarez Fraguas
Presidente do tribunal

ANEXO

Puntuacións do segundo exercicio do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro) e modificado polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro).

DNI

Apelidos e nome

Puntuación do exercicio

Supera o exercicio

***7927**

Núñez Rodríguez, Rocío

15,78

Si

***7373**

Taboada Ulloa, Laura Patricia

11,68

Non

***7108**

Vidal García, Álvaro

5,23

Non