DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 3 de xuño de 2024 Páx. 33667

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 10 de abril de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Redondela (expediente DH.A36.82927).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitantes: Manuel Francisco Durán Trouteiro e María Pura de la Cruz Blanco.

Expediente: DH.A36.82927.

Volume total anual: 218,00 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,90 l/s.

Destino: rega.

Orixe: pozo na parcela 180, polígono 2 do catastro de Redondela.

Lugar: Outeiro.

Parroquia: O Viso.

Concello: Redondela.

Descrición:

A auga cáptase en pozo Ø 1,05 m, 10 m prof. protexido por arqueta aros formigón e condúcese ata parcela 324, polígono 5, para a rega desta.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2-4º, 36240 Vigo (Pontevedra), solicitando cita previa no enderezo electrónico dgs.augas@xunta.gal

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 10 de abril de 2024

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur