DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 3 de xuño de 2024 Páx. 33665

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 22 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Vigo, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-PO-0167/2024-PRE e catro máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-PO-0167/2024-PRE e catro máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da Dirección Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e a constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

Vigo, 22 de maio de 2024

Sonia Lorenzo Santos
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-0167/2024-PRE

35561968N

Inicio

A Costeira, 15, O Porriño

PSC-PO-0178/2024-PPM

35473783D

Inicio

Estorniños, 3, 3º A, Vilagarcía de Arousa

PSC-PO-0208/2024-PPM

71444989C

Inicio

Saíñas, 1, 2º B, Poio

PSC-PO-0218/2024-PRE

13421462

Inicio

Rúa de Penelas, 146, Vilaverde, Braga (Portugal)

PSC-PO-0223/2024-PRE

36076431B

Inicio

Avenida de Balaídos, 22, 1º A, Vigo