En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Comunidade de Usuarios Os Candóns.
Expediente: DH.A36.97458.
Volume total anual: 6.172,20 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,18 l/s.
Destino: abastecemento.
Orixe: manancial na parcela 253, polígono 70 do catastro de Vilaboa.
Lugar: Curra.
Parroquia: Cobres (Santo Adrán).
Concello: Vilaboa.
Descrición:
A auga cáptase en mina-galería e condúcese a un depósito 5,70×8,80×2,40 m na parcela 460, polígono 72, desde o que se distribúe ás vivendas que abastece a Comunidade.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 2 de maio de 2024
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur