DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 31 de maio de 2024 Páx. 33037

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre do ano 2024.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Único. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no mes de abril de 2024, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2024

Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da
Consellería de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional

ANEXO

Denominación do posto

Achega consellería

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Fundación Empresa-Universidad Gallega (Feuga) para a inclusión no sistema da seguridade social do alumnado de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial no período de formación en empresa u organismo equiparado

580.701,63 €

19.4.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre para o desenvolvemento conxunto do programa Naturacción

22.689,03 €

19.4.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia e o Grupo Compostela de Universidades, para a organización do XXVIII Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia, relacionado con actividades de investigación, estudo e divulgación do patrimonio cultural e universitario

12.610,00 €

22.4.2024

Segunda addenda ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade (actual Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional) e a Universidade de Santiago de Compostela, para a impartición por parte desta entidade da formación pedagóxica e didáctica para impartir docencia nas ensinanzas de formación profesional.

Sen custo

23.4.2024