DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 31 de maio de 2024 Páx. 33039

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos pola extinta Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no primeiro cuadrimestre do ano 2024.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Primeiro. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola extinta Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2024 e que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Segundo. Así mesmo, dar publicidade aos convenios pendentes de publicar subscritos no terceiro cuadrimestre de 2023 pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que se incorporan como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2024

Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional

ANEXO I

Denominación do convenio

Achega da

consellería

Data da

sinatura

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2024 entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a entidade El Progreso de Lugo, S.L.

29.195,31 €

2.1.2024

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2024 entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a entidade Lérez Ediciones, S.L.U.

5.523,44 €

2.1.2024

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2024 entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a entidade Editorial La Capital, S.L.U. Diario de Arousa

2.761,72 €

2.1.2024

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2024 entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a entidade Editorial La Capital, S.L.U. Diario de Ferrol

1.972,66 €

2.1.2024

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2024 entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a entidade Editorial La Capital, S.L.U. El Ideal Gallego

2.367,19 €

2.1.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Comisión de Intercambio Cultural, Educativo e Científico entre España e os Estados Unidos de América en materia de cultura (Comisión Fulbright)

165.000,00 €

2.1.2024

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2024 entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a entidade La Voz de Galicia, S.A.

149.527,34 €

3.1.2024

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2024 entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a entidade La Región, S.A.

22.882,81 €

3.1.2024

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2024 entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a entidade Rías Baixas Comunicación, S.A.

3.156,25 €

3.1.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Fundación Fondation Amigo para o acceso do alumnado de FP en grao medio de atención a persoas en situación de dependencia do CIFP Compostela ao programa Becas Amigo

Sen custo

8.1.2024

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2024 entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a entidade EPI Prensa, S.L.U.

10.652,34 €

9.1.2024

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2024 entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a entidade Faro de Vigo, S.A.U.

67.464,84 €

9.1.2024

Convenio de colaboración para o fomento da lectura da prensa escrita entre o alumnado dos centros docentes de Galicia sostidos con fondos públicos no ano 2024 entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a entidade La Opinión A Coruña, S.L.U.

7.496,09 €

9.1.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Asociación Benéfica Social de Padres y Amigos La esperanza del Valle Miñor (Esperanza Val Miñor)

Sen custo

10.1.2024

Terceira addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Universidade da Coruña para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado da UDC nos arquivos, bibliotecas e museos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Sen custo

15.1.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Asociación Autismo BATA

Sen custo

17.1.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Asociación por Eles TEA Ourense (PeTEA)

Sen custo

23.1.2024

Convenio de colaboración educativa entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o complexo industrial Alcoa San Ciprián sobre a colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional

Sen custo

23.1.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Dislexia (Agadix)

Sen custo

2.2.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para a realización da fase de Prácticum do máster interuniversitario en investigación e innovación en didácticas específicas para a educación infantil e primaria

Sen custo

6.2.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Universidade de Vigo para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares non remuneradas do alumnado da Universidade de Vigo nas bibliotecas, arquivos e museos xestionados pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Sen custo

6.2.2024

Convenio de colaboración entre la Xunta de Galicia, a través de la Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades y la Organización de Estados Iberoamericanos para la Educación, la Ciencia y la Cultura (OEI)

80.000,00 €

9.2.2024

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Federación de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo para o VI Certame de rondallas

55.000,00 €

9.2.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Mestres de Audición e Linguaxe (AGMAL)

Sen custo

9.2.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Mestras e Mestres pola Inclusión (Agampi)

Sen custo

9.2.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e o Concello da Arnoia para a integración da Biblioteca Pública Municipal da Arnoia na Rede de Bibliotecas de Galicia

Sen custo

12.2.2024

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Real Padroado de Sargadelos como contribución para o funcionamento e mantemento da casa de administración e realización do proxecto expositivo permanente do Museo Histórico de Sargadelos

35.000,00 €

13.2.2024

Addenda ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade e a Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED), para a realización das prácticas externas curriculares (Prácticum) dos títulos de grao en educación infantil, certificado oficial da formación pedagóxica e didáctica que habilita para o exercicio da docencia, grao en educación social, grao en pedagoxía e grao en psicoloxía

Sen custo

13.2.2024

Addenda ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) para a realización do Prácticum do máster universitario en profesorado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas

Sen custo

13.2.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Fundación Fernando Blanco de Lema para actuacións de mantemento e conservación no Museo Fernando Blanco

37.152,55 €

14.2.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Concello de Lalín para a realización de reparacións no auditorio municipal

40.691,53 €

14.2.2024

Terceira addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado da USC nos arquivos, bibliotecas e museos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Sen custo

15.2.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Concello da Estrada para a modernización do Teatro Principal

52.724,30 €

15.2.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Fundación Rosalía de Castro para difundir, estudar e preservar a obra de Rosalía de Castro

25.000,00 €

16.2.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Concello de Ribadeo para substitución de carpintarías para a mellora da eficiencia enerxética na Escola Municipal de Música

40.000,00 €

16.2.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Concello de Marín para actuacións de conservación e restauración da torre do Reloxo da igrexa de Santa María do Porto de Marín

39.452,18 €

16.2.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia (ASEIA)

Sen custo

16.2.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia para a atención ao alumnado xordo, xordo-cego e/ou con discapacidade auditiva (FAXPG)

Sen custo

16.2.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a empresa Repsol, S.A. sobre colaboración educativa nas ensinanzas de formación profesional, especialmente nas da familia de química

Sen custo

21.2.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Asociación de Atención á Parálise Cerebral e Afíns Amencer-Aspace

Sen custo

27.2.2024

Addenda de modificación ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Concello de Lalín para as actuacións de conservación na casa de Don Álvaro, Lalín (Pontevedra)

Sen custo

27.2.2024

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Fundación Fernando Blanco de Lema para a colaboración nos gastos da xestión do Museo Fernando Blanco

12.000,00 €

29.2.2024

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Teatro Afeccionado para a realización dun circuíto teatral a nivel autonómico, o Festival Agustín Magán e a xornada 24 anos celebrando o Teatro Amador Galego

50.000,00 €

5.3.2024

Convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial e a Xunta de Galicia en materia de formación en patrimonio cultural para o ano 2024

15.000,00 €

6.3.2024

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e Contemporánea-Asociación de Galerías de Arte Contemporánea de Galicia, para a programación expositiva de arte contemporánea, distribuída en diferentes cidades de Galicia e actividades promovidas pola propia asociación

55.000,00 €

6.3.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Diocese de Tui-Vigo para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas ao presente convenio

Sen custo

8.3.2024

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación Cultural-Músical de Antiguos Tunos Compostelanos e Amigos do Museo Casa de la Troya para a colaboración nos gastos da xestión das visitas do Museo Casa da Troia para o ano 2024

10.000,00 €

12.3.2024

Convenio entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Fundación MOP–The MOP Foundation para a colaboración educativa nas ensinanzas artísticas profesionais de artes plásticas e deseño

Sen custo

12.3.2024

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Fundación Carlos Casares para a realización de actividades culturais

12.000,00 €

14.3.2024

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Fundación Laxeiro para a realización de actividades culturais

15.000,00 €

14.3.2024

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación de Gaiteiros Galegos para a realización de xornadas sobre o baile comunal O serán desta aldea e as XII Xornadas arredor da música tradicional

6.000,00 €

14.3.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Fundación Curros Enríquez para a realización de actividades arredor da obra de Curros Enríquez e o mantemento da fundación

15.000,00 €

14.3.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Comunidade da Mercé da Magdalena de Sarria para as obras de restauración do claustro e espazos adxacentes no convento da Mercé de Sarria (Lugo)

Sen custo

14.3.2024

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Fundación Eugenio Granell para a realización de actividades culturais

12.000,00 €

19.3.2024

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Fundación Vicente Risco para a realización de actividades culturais

10.000,00 €

19.3.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Fundación Empresa-Universidade Galega (Feuga) para impulsar os programas de posicionamento europeo, a rede de centros de investigación e o proxecto Galicia 2030 no Sistema universitario de Galicia

2.386.014,00 €

19.3.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Hemofilia (Agadhemo)

Sen custo

21.3.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Diocese de Santiago de Compostela para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas ao presente convenio

Sen custo

26.3.2024

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, a Diocese de Santiago de Compostela e o Concello da Estrada para a restauración do retablo principal da igrexa de Santo Tomé de Ancorados-A Estrada

50.000,00 €

27.3.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Fundación Galicia Obra Social para a realización da XXII edición do Premio de poesía Afundación

8.675,00 €

27.3.2024

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Fundación Otero Pedrayo para o mantemento das dependencias da Casa Grande de Cima de Vila e a actividade cultural Festa Literaria do Premio Trasalba

15.000,00 €

27.3.2024

Convenio entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Fundación Pazo de Mos para a colaboración nos gastos de funcionamento da fundación

12.000,00 €

27.3.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Real Academia Galega polo que se instrumentan as subvencións nominativas para accións culturais e de investigación lingüística e para investimentos, e se regula o seu réxime de libramentos con cargo aos orzamentos de 2024

890.000,00 €

2.4.2024

Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para a realización de prácticas académicas externas curriculares do alumnado de grao en psicoloxía

Sen custo

2.4.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación Internacional de Estudos Galegos para a realización do XIV Congreso internacional de estudos galegos

7.000,00 €

8.4.2024

Convenio de colaboración educativa entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Universidade de Vigo para a realización de prácticas académicas externas curriculares non remuneradas, de alumnos da Facultade de Filoloxía e Tradución no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades

Sen custo

8.4.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Diocese de Ourense para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas ao presente convenio

Sen custo

8.4.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Universidade da Coruña para o desenvolvemento do bacharelato de excelencia STEM (STEMbach) no marco da Estratexia de educación dixital 2030

Sen custo

9.4.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento do bacharelato de excelencia STEM (STEMbach) no marco da Estratexia de educación dixital 2030

Sen custo

9.4.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento do bacharelato de excelencia STEM (STEMbach) no marco da Estratexia de educación dixital 2030

Sen custo

11.4.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Fundación para o Fomento do Coñecemento da Construción Naval e das Actividades Marítimas-Exponav, para contribuír ao funcionamento do Museo da Construción Naval no ano 2024

75.000,00 €

12.4.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Padroado do Museo do Pobo Galego para o financiamento durante o ano 2024 de parte dos seus gastos correntes, das actividades culturais e outros gastos de capital

451.800,00 €

12.4.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Fundación Marco para a realización de actividades culturais, didácticas e de difusión durante o ano 2024

100.000,00 €

12.4.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e Federación Coral Galega para a realización de concertos e cursos

30.000,00 €

12.4.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e o Colexio Oficial de Xoiaría de Galicia para a continuidade dun sistema de ensinanzas artísticas superiores de deseño de produto con carácter dual polo réxime de bolsas e de contrato para a formación en alternancia

Sen custo

12.4.2024

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Asociación de Artesáns e Comerciantes de Ourives de Compostela para a continuidade dun sistema de ensinanzas artísticas superiores de deseño de produto con carácter dual polo réxime de bolsas e de contrato para a formación en alternancia

Sen custo

12.4.2024

ANEXO II

Denominación do convenio

Achega da

consellería

Data da

sinatura

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia e a Diocese de Mondoñedo-Ferrol para a posta á disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das actuacións de conservación e restauración dos inmobles eclesiásticos incluídos no anexo de intervencións vinculadas ao convenio

Sen custo

20.10.2023

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a Diocese de Ourense e o Concello de San Cibrao das Viñas para o acondicionamento da igrexa parroquial de San Salvador de Noalla

Sen custo

28.12.2023