DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 31 de maio de 2024 Páx. 33035

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

EXTRACTO da Orde do 27 de maio de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións a concellos de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, para a prestación do servizo de vixilancia, rescate e salvamento nos espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas descubertas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento PR460D).

BDNS (Identif.): 764362.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarios

Os concellos galegos que cumpran os seguintes requisitos:

1. Ter espazos acuáticos naturais inscritos na sección I do Rexistro de Augas de Baño de Galicia, adscrito ao órgano directivo competente en materia de saúde pública, ou ter instalacións acuáticas descubertas de titularidade municipal.

2. Ter remitida a conta xeral do concello, correspondente ao exercicio orzamentario de 2022, ao Consello de Contas.

Segundo. Obxecto

Establecer as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para o ano 2024, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas ao financiamento dos gastos que realicen os concellos galegos para a prestación dos servizos de vixilancia, rescate e salvamento nos espazos acuáticos naturais e/ou instalacións acuáticas descubertas de titularidade municipal.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 27 de maio de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións a concellos de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva, para a prestación do servizo de vixilancia, rescate e salvamento nos espazos acuáticos naturais e instalacións acuáticas descubertas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024.

Cuarto. Importe

Para a concesión destas axudas destínase crédito por un importe total dun millón cincocentos mil euros (1.500.000,00 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao de publicación, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2024

Diego Calvo Pouso
Conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes