O 15 de marzo de 2024 publicouse a Resolución do 11 de marzo de 2024 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais para o curso 2024/25.
De conformidade co disposto no artigo 15, correspóndelle á persoa titular de cada dirección territorial, por delegación da Dirección da Axencia Galega de Servizos Sociais, resolver a aprobación da relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera coas puntuacións obtidas que se poderán consultar nas direccións territoriais da Consellería de Política Social e Igualdade, así como na páxina web: https://politicasocial.xunta.gal e nos respectivos centros.
Así mesmo, o seu artigo 16, establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entre outras, as correspondentes resolucións. Esta publicación producirá os efectos de notificación.
Así o exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro das resolucións do 20 de maio de 2024, das direccións territoriais da Coruña, Lugo, Ourense e Vigo da Consellería de Política Social e Igualdade, polas que se resolve a aprobación da relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera para o curso 2024/25 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia, que se xuntan á presente resolución nos anexos I, II, III e IV, respectivamente.
Segundo. Comunícase que as referidas resolucións do 20 de maio de 2024, que finalizan este procedemento, esgotan a vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. Notificada a resolución, as persoas ás cales se adxudicou praza disporán dun prazo de 10 días, computado a partir do día seguinte desta publicación, para a formalización da matrícula no centro onde obtiveron a dita praza.
Santiago de Compostela, 21 de maio de 2024
O/a director/a da Axencia Galega de Servizos Sociais
P.S. (Disposición transitoria primeira do Decreto 40/2014, do 20 de marzo)
Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
ANEXO I
Resolución do 20 de maio de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera para o curso 2024/25 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia na provincia da Coruña
O 15 de marzo de 2024 publicouse a Resolución do 11 de marzo de 2024 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais para o curso 2024/25.
O día 6 de maio de 2024 publicouse a relación provisional de persoas admitidas e concedeuse un prazo de 5 días para efectuar reclamacións; transcorrido o dito prazo, comprobáronse as reclamacións presentadas.
De conformidade co artigo 15 correspóndelle á persoa titular de cada dirección territorial, por delegación da Dirección da Axencia Galega de Servizos Sociais, resolver este procedemento mediante a aprobación da relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera coas puntuacións obtidas.
Así o exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Aprobar a relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera, onde figura a puntuación obtida, que se poderá consultar desde o día 31 de maio de 2024 na Dirección Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, así como na páxina web: https://politicasocial.xunta.gal e nos respectivos centros.
Cada alumno/a só poderá ser adxudicatario/a dunha praza pública das escolas infantís da Xunta de Galicia.
O prezo mensual polos servizos complementarios que corresponda pagar de acordo coa normativa vixente en materia de prezos públicos consultarase no centro onde se formalice a matrícula.
O prazo para formalizar a matrícula, que se poderá realizar a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal ou no centro onde obtiveran a dita praza, é de 10 días contados desde o día seguinte da publicación desta resolución, para o que deberá achegarse a seguinte documentación:
– Impreso de matrícula cuberto (pode recollelo no propio centro ou descargalo da páxina web: http://politicasocial.xunta.gal).
– Copia da cartilla de vacinacións do neno ou da nena.
Segundo. As resolucións ditadas neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En caso de silencio administrativo, o prazo será de seis meses desde o día seguinte a aquel en que a solicitude se entenda desestimada.
Potestativamente, e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución expresa. Se a resolución é presunta, en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
A Coruña, 20 de maio de 2024. O/a director/a da Axencia Galega de Servizos Sociais; P.D. (Artigo 15.1 da Resolución do 11 de marzo de 2024); María Blanco Aller; directora territorial da Coruña.
ANEXO II
Resolución do 20 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera para o curso 2024/25 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia na provincia de Lugo
O 15 de marzo publicouse a Resolución do 11 de marzo de 2024 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais para o curso 2024/25.
O día 6 de maio de 2024 publicouse a relación provisional de persoas admitidas e concedeuse un prazo de 5 días para efectuar reclamacións; transcorrido o dito prazo comprobáronse ás reclamacións presentadas.
De conformidade co artigo 15 correspóndelle á persoa titular de cada dirección territorial, por delegación da dirección da Axencia Galega de Servizos Sociais, resolver este procedemento mediante a aprobación da relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera coas puntuacións obtidas.
Así o exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Aprobar a relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera, onde figura a puntuación obtida, que se poderá consultar desde o día 31 de maio de 2023 na Dirección Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, así como na páxina web: https://politicasocial.xunta.gal e nos respectivos centros.
Cada alumno/a só poderá ser adxudicatario/a dunha praza pública das escolas infantís da Xunta de Galicia.
O prezo mensual polos servizos complementarios que corresponda pagar de acordo coa normativa vixente en materia de prezos públicos consultarase no centro onde se formalice a matrícula.
O prazo para formalizar a matrícula, que se poderá realizar a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal ou no centro onde obtiveran a dita praza, é de 10 días contados desde o día seguinte da publicación desta resolución, para o que deberá achegarse a seguinte documentación:
– Impreso de matrícula cuberto (pode recollelo no propio centro ou descargalo da páxina web: http://politicasocial.xunta.gal).
– Copia da cartilla de vacinacións do neno ou da nena.
Segundo. As resolucións ditadas neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En caso de silencio administrativo, o prazo será de seis meses desde o día seguinte a aquel en que a solicitude se entenda desestimada.
Potestativamente, e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución expresa. Se a resolución é presunta, en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Lugo, 20 de maio de 2024. O/a director/a da Axencia Galega de Servizos Sociais; P.D. (Artigo 15.1 da Resolución do 11 de marzo de 2024); Francisco Javier Vázquez Nodal; director territorial de Lugo.
ANEXO III
Resolución do 20 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera para o curso 2024/25 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia na provincia de Ourense
O 15 de marzo publicouse a Resolución do 11 de marzo de 2024 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais para o curso 2024/2025.
O día 6 de maio de 2024 publicouse a relación provisional de persoas admitidas e concedeuse un prazo de 5 días para efectuar reclamacións, transcorrido o dito prazo comprobáronse ás reclamacións presentadas.
De conformidade co artigo 15 correspóndelle á persoa titular de cada dirección territorial, por delegación da dirección da Axencia Galega de Servizos Sociais, resolver este procedemento mediante a aprobación da relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera coas puntuacións obtidas.
Así o exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Aprobar a relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera, onde figura a puntuación obtida, que se poderá consultar desde o día 31 de maio de 2024 na Dirección Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, así como na páxina web: https://politicasocial.xunta.gal e nos respectivos centros.
Cada alumno/a só poderá ser adxudicatario/a dunha praza pública das escolas infantís da Xunta de Galicia.
O prezo mensual polos servizos complementarios que corresponda pagar de acordo coa normativa vixente en materia de prezos públicos consultarase no centro onde se formalice a matrícula.
O prazo para formalizar a matrícula, que se poderá realizar a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal ou no centro onde obtiveran a dita praza, é de 10 días contados desde o día seguinte da publicación desta resolución, para o que deberá achegarse a seguinte documentación:
– Impreso de matrícula cuberto (pode recollelo no propio centro ou descargalo da páxina web: http://politicasocial.xunta.gal).
– Copia da cartilla de vacinacións do neno ou da nena.
Segundo. As resolucións ditadas neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En caso de silencio administrativo, o prazo será de seis meses desde o día seguinte a aquel en que a solicitude se entenda desestimada.
Potestativamente, e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución expresa. Se a resolución é presunta, en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Ourense, 20 de maio de 2024. O/a director/a da Axencia Galega de Servizos Sociais; P.D. (Artigo 15.1 da Resolución do 11 de marzo de 2024); María José Fernández Laso; directora territorial de Ourense.
ANEXO IV
Resolución do 20 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Vigo, pola que se aproba a relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera para o curso 2024/25 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia na provincia de Pontevedra
O 15 de marzo publicouse a Resolución do 11 de marzo de 2024 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais para o curso 2024/25.
O día 6 de maio de 2024 publicouse a relación provisional de persoas admitidas e concedeuse un prazo de 5 días para efectuar reclamacións; transcorrido o dito prazo, comprobáronse as reclamacións presentadas.
De conformidade co artigo 15 correspóndelle á persoa titular de cada dirección territorial, por delegación da dirección da Axencia Galega de Servizos Sociais, resolver este procedemento mediante a aprobación da relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera coas puntuacións obtidas.
Así o exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Aprobar a relación definitiva de persoas admitidas e da lista de espera, onde figura a puntuación obtida, que se poderá consultar desde o día 31 de maio de 2024 na Dirección Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, así como na páxina web: https://politicasocial.xunta.gal e nos respectivos centros.
Cada alumno/a só poderá ser adxudicatario/a dunha praza pública das escolas infantís da Xunta de Galicia.
O prezo mensual polos servizos complementarios que corresponda pagar de acordo coa normativa vixente en materia de prezos públicos consultarase no centro onde se formalice a matrícula.
O prazo para formalizar a matrícula, que se poderá realizar a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal ou no centro onde obtiveran a dita praza, é de 10 días contados desde o día seguinte da publicación desta resolución, para o que deberá achegarse a seguinte documentación:
– Impreso de matrícula cuberto (pode recollelo no propio centro ou descargalo da páxina web: http://politicasocial.xunta.gal).
– Copia da cartilla de vacinacións do neno ou da nena.
Segundo. As resolucións ditadas neste procedemento esgotan a vía administrativa e contra elas pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En caso de silencio administrativo, o prazo será de seis meses desde o día seguinte a aquel en que a solicitude se entenda desestimada.
Potestativamente, e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución expresa. Se a resolución é presunta, en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Vigo, 20 de maio de 2024. O/a director/a da Axencia Galega de Servizos Sociais; P.D. (Artigo 15.1 da Resolución do 11 de marzo de 2024); Mª Ángeles Rouco Fernández; directora territorial de Vigo.