DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 30 de maio de 2024 Páx. 32952

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de acordo plenario de cambio de uso de terreo.

O Pleno de este concello de Mos, en sesión ordinaria que tivo lugar o 29 de abril de 2024, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Cambiar o uso de equipamento sociosanitario SX-S-2 da parcela incluída dentro do recinto do antigo hospital do Rebullón, no concello de Mos, que está dentro da referencia catastral 36033A036000850001DS (parcela 95 do polígono 36), e cunha superficie de 4.970 m2, a un uso docente, que queda do seguinte xeito:

– SX-S hospital psiquiátrico do Rebullón (parroquia de Tameiga), cunha superficie de 60.644,00 m2.

– SX-DC parcela de uso docente cunha superficie de 4.790,00 m2.

Segundo. Publicar o presente acordo no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia e comunicalo á Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, para os efectos da súa inclusión no Rexistro de Planeamento de Galicia.

Contra este acordo, con carácter de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo máximo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se entenda máis procedente e sexa conforme a dereito.

Mos, 3 de maio de 2024

Nidia María Arévalo Gómez
Alcaldesa