DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Xoves, 30 de maio de 2024 Páx. 32953

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de nomeamento como funcionario de carreira dun oficial do corpo da Policía Local pola quenda de promoción interna (oferta de emprego público de 2022).

A concellería responsable da Área de Servizos non Territorializados, mediante resolución do 8 de abril de 2024, nomeou funcionario de carreira deste concello a José Antonio Álvarez Romero, con DNI ***9840**, para ocupar unha praza de oficial do corpo da Policía Local da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola quenda de promoción interna.

O devandito nomeamento efectuouse segundo a proposta do tribunal cualificador, da cal se dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra a devandita resolución de nomeamento, que pon fin á vía administrativa, poderán interpor as persoas interesadas ben o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, as persoas interesadas tamén poderán interpor calquera outro recurso que consideren procedente conforme dereito.

Pontevedra, 25 de abril de 2024

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 11.1.2024)
Eva María Villaverde Pego
Concelleira responsable da Área de Servizos non Territorializados