DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 29 de maio de 2024 Páx. 32653

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pereiro de Aguiar

ANUNCIO da convocatoria de procesos selectivos dentro do procedemento extraordinario de estabilización do emprego público 2022.

No Boletín Oficial da provincia de Ourense (BOP) núm. 299, do 31 de decembro 2022, publícase a aprobación das bases xerais e específicas para a provisión dos postos mediante o proceso extraordinario de estabilización e consolidación de emprego de carácter temporal 2022, ao abeiro do establecido na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, relativas ás seguintes convocatorias:

Doce prazas de peón grupo de emerxencias supramunicipal (GES) do cadro de persoal laboral fixo, pertencentes ao grupo V, mediante o sistema de concurso, en quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización de emprego temporal 2022.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

O Pereiro de Aguiar, 2 de maio de 2024

Luis Menor Pérez
Alcalde