DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 29 de maio de 2024 Páx. 32652

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da convocatoria de provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo na Área de Alcaldía.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 84, do 30 de abril de 2024, publicáronse a bases aprobadas mediante a Resolución do concelleiro delegado responsable da Área de Economía e Planificación Urbana, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 23 de abril de 2024, relativas á provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo na Área de Alcaldía do Concello da Coruña.

O prazo de presentación de instancias será de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 6 de maio de 2024

A alcaldesa
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local, do 5.7.2023)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable da Área de Economía e Planificación Urbana