DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 29 de maio de 2024 Páx. 32654

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

ANUNCIO polo que se fai pública a relación de convenios subscritos no primeiro cuadrimestre de 2024.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, faise pública a relación de convenios subscritos no primeiro cuadrimestre de 2024 por esta fundación.

Data sinatura

Importe con cargo ao orzamento da Fundación

Convenio

5.3.2024

A determinar segundo a cláusula cuarta do convenio

Convenio de colaboración para a exposición Tesouros Reais na Cidade da Cultura de Galicia

20.3.2024

0,00 €

Convenio específico para o desenvolvemento da formación en centros de traballo

11.4.2024

0,00 €

Convenio de colaboración para implantar mecanismos que faciliten a recollida selectiva de Raee

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2024

Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente