DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 29 de maio de 2024 Páx. 32629

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 20 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello da Fonsagrada (expediente IN407A 2024/35-2).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica.

Denominación: enlace LAT entre CS Fornaza e CT Río de Porcos.

Solicitante: Viesgo Distribución Eléctrica, S.L.

Domicilio social: rúa Isabel Torres, 25, 39011 Santander, Cantabria.

Características técnicas principais:

– Liña aérea de alta tensión (LAAT) a 20 kV, cunha lonxitude de 1.471 m en condutor 94-AL1/22-ST1A (LA-110), coa orixe na conversión aéreo soterrada do apoio núm. 0 proxectado e final no apoio núm. 9 proxectado na LAT Salime-Grandas, en substitución do apoio AV97972 existente.

– Liña soterrada de alta tensión a 20 kV, cunha lonxitude de 85 m en condutor HEPRZ1-12/20 kV 1×240 k Al + H16, coa orixe na conversión aéreo soterrada do apoio núm. 0 da nova LAAT de enlace proxectada e final no novo centro de seccionamento prefabricado Fornaza que será obxecto doutro proxecto.

– Retensado do condutor existente 47-AL1/8-ST1A (LA 56) dos vans contiguos ao apoio núm. 9 proxectado na LAT Salime-Grandas.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figura no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta dirección territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Lugo, rolda da Muralla, 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que xulguen oportunas no prazo de trinta días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta dirección territorial, de luns a venres, entre as 9.00 horas da mañá e as 14.00 horas da tarde, e na seguinte ligazón web da consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacion-electrica/fornaza-riodeporcos

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 27 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 20 de maio de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO I

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto
de enlace LAT entre CS Fornaza e CT Río de Porcos

Concello: A Fonsagrada (Lugo).

Expediente: IN407A 2024/35-2.

Nº predio

Polígono

Parcela

Ref. catastral

Lugar

Cultivo

Propietario

Apoio (nº)

Apoio superficie ocupación permanente (m2)

LATA superficie afectada por voo m2

Superficie ocupación temporal m2

7

263

47

27018A26300047

Pico Cortiña

Monte baixo

Manuel Naveiras Ruiz

 

 

1.248

 

9

263

41

27018A26300041

Cortiña

Monte baixo

Manuel Naveiras Ruiz

2

2

1.270

149

10

263

42

27018A26300042

Cortiña

Monte baixo

Carlos López Méndez

 

 

1.012

 

11

263

43

27018A26300043

Cortiña

Monte baixo

Desiderio Méndez

 

 

86

 

18

263

127

27018A26300127

Río San Andrés

Monte baixo

Manuel Naveiras Ruiz

 

 

 

727