DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 29 de maio de 2024 Páx. 32628

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 14 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, de requirimento de folla de valoración relativa a varios proxectos de instalacións eléctricas na provincia de Lugo.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas o requirimento da folla de valoración relativa aos proxectos que se inclúen no anexo.

Lugo, 14 de maio de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/42-ATE.

Adecuación LMTA BCR807 entre apoios nº 268 e CT 27AJ75.

Predio

Propietario

Concello

Polígono

Parcela

2

M.V. Donís

Cervantes

63

16

Expediente: IN407A 2021-24-ATE.

LMTA, CTI, RBT Outeiro.

Predio

Propietario

Concello

Polígono

Parcela

1

Descoñecido

Sarria

4

88