DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 29 de maio de 2024 Páx. 32591

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2024, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade enxeñaría de camiños, canais e portos, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro) e modificado polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 26, do 7 de febreiro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 20 de maio de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 5 de decembro de 2023 (DOG núm. 233, do 11 de decembro) para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade enxeñaría de camiños, canais e portos, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 245, do 27 de decembro) e modificado polas resolucións do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base III.1.1.2 da convocatoria, o segundo exercicio cualificarase de 0 a 30 puntos e para superalo será necesaria unha puntuación mínima de quince puntos (15 puntos). Ademais, o tribunal cualificará este exercicio valorando os coñecementos, a claridade, a orde de ideas e a calidade da expresión escrita. Para estes efectos, no Acordo do 18 de marzo de 2024 do tribunal, polo que se fan públicos os criterios de corrección, valoración e superación do segundo exercicio do proceso selectivo, publicado no portal web de Función Pública da Xunta de Galicia estableceuse que «os coñecementos, e a súa claridade e orde, suporán o 80 % da cualificación do exame e a calidade da expresión escrita o 20 % restante» e «para superar cada tema é preciso obter, en cada un deles, un mínimo de 6 puntos, e a suma das puntuacións obtidas no exercicio debe ser igual ou superior a 15 puntos».

Segundo. Realizada a corrección do segundo exercicio en sesións do 7 e do 16 de maio de 2024 e consonte os criterios anteriores, superaron o exame un total de 2 aspirantes.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes presentadas ao segundo exercicio do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade enxeñaría de camiños, canais e portos, no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

De acordo co disposto na base III.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co disposto na base V.13 da convocatoria, contra este acordo do tribunal poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2024

Roberto Arias Sánchez
Presidente do tribunal