DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Mércores, 29 de maio de 2024 Páx. 32589

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 23 de maio de 2024 pola que se convoca o Programa de prácticas académicas en iniciativas empresariais emerxentes promovidas pola comunidade universitaria e persoas tituladas pola UVigo no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (proxecto C23.I05, BDNS 757441).

BDNS (Identif.): 763501.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/763501

Primeiro. Persoas beneficiarias

Alumnado que esta matriculado/a en titulacións oficiais de grao ou máster da Universidade de Vigo no curso 2023/24.

Segundo. Obxecto

O obxecto desta convocatoria é fomentar a cultura emprendedora no estudantado universitario a través da realización de prácticas académicas, curriculares ou extracurriculares, nunha iniciativa empresarial promovida por estudantes, PDI, PAS ou membros da Comunidade Alumni-UVigo. A través da súa participación no programa, o estudantado será quen de formarse nunha contorna dinámica, creativa e áxil, e aprenderá a solucionar problemas e a importancia de adaptarse nunha contorna cambiante.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución reitoral pola que se convocan prácticas académicas en iniciativas empresariais emerxentes no curso académico 2023/24.

Cuarto. Contía

A contía total do crédito destinado a estas axudas será de dezasete mil oitenta e un euros con sesenta e oito céntimos (17.081,68 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Desde o 24 de maio ata o 10 de xuño de 2024.

Vigo, 23 de maio de 2024

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (R.R. do 31.10.2023; DOG do 10 de novembro)
Natalia Caparrini Marín
Vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade