DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 28 de maio de 2024 Páx. 32490

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2024, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro), pola que se resolven as reclamacións presentadas ás puntuacións do exercicio único do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 14 de maio de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de decembro de 2023 (DOG núm. 240, do 20 de decembro) para cualificar este proceso selectivo,

ACORDOU:

Primeiro. Modificar a puntuación obtida por unha persoa aspirante, con base nas alegacións presentadas e debido a un erro na lectura da folla de respostas, polo que ve incrementada a súa puntuación e supera o exercicio. Así, acadan a puntuación mínima de 30 puntos un total de 132 persoas aspirantes e non varía o número de respostas correctas necesarias para acadar a dita puntuación unha vez feitos os descontos correspondentes.

Segundo. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións.

Terceiro. Publicar a nova puntuación obtida pola persoa aspirante que viu modificada a súa puntuación no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

Cuarto. Publicar no portal web corporativo https://www.funcionpublica.xunta.gal as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o exercicio do proceso selectivo, así como a relación das que non acadaron os mínimos establecidos na base III.1.1 da convocatoria.

Quinto. De acordo co disposto na base V.13 da resolución da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2024

Isabel Fariña Negreira
Presidenta do tribunal