DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 28 de maio de 2024 Páx. 32489

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2024 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2024.

Para os efectos previstos no artigo 1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, acórdase dar publicidade dos convenios de colaboración subscritos polo Consello da Cultura Galega no primeiro cuadrimestre do ano 2024, os cales se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2024

Rosario Álvarez Blanco
Presidenta do Consello da Cultura Galega

ANEXO

Convenio

Achega do Consello da Cultura Galega

Data de sinatura

Convenio de cooperación educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Consello da Cultura Galega para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela.

Sen achega económica

8.2.2024

Addenda ao convenio de colaboración educativa entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Consello da Cultura Galega para a realización de prácticas académicas externas curriculares ou extracurriculares do alumnado da Facultade de Filosofía.

Sen achega económica

17.4.2024

Convenio de colaboración entre a Universidade de Vigo e o Consello da Cultura Galega para a realización de prácticas académicas externas curriculares non remuneradas do alumnado da Universidade de Vigo no Consello da Cultura Galega.

Sen achega económica

29.4.2024