DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 27 de maio de 2024 Páx. 32412

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 2 de maio de 2024 polo que se notifica a resolución de arquivamento da solicitude de aprazamento do pagamento da terceira multa coercitiva imposta dentro do expediente PON/503/2016.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o 1 de abril de 2024, arquivar a solicitude de aprazamento do pagamento da terceira multa coercitiva por non atender ao requirimento de emenda no prazo concedido para o efecto.

Ao non poder realizar a notificación persoal deste acordo á persoa titular do documento nacional de identidade número 35956440B, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada o devandito acordo mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á persoa interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase efectuada.

Indícaselle que contra a presente resolución poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun (1) mes desde a súa notificación, ou ben poderá interpoñer directamente reclamación económico-administrativa ante a Xunta Superior de Facenda, no prazo dun (1) mes. A reclamación económico-administrativa deberá interpoñerse ante o órgano que ditou a resolución, de conformidade co establecido no artigo 235.3 da LXT.

Para que conste, e lle sirva de notificación á persoa interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2024

María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística