DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Luns, 27 de maio de 2024 Páx. 32347

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 16 de maio de 2024 pola que se convoca o concurso específico de méritos entre persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres, para cubrir, en réxime de comisión de servizos, postos de escolarización de alumnado de atención preferente (código de procedemento ED013B).

O Decreto 244/1999, do 29 de xullo, polo que se regula a cobertura de diversas prazas por persoal funcionario público docente que imparte ensinanzas de niveis non universitarios, prevé, no seu artigo 3.2, que as prazas que nel se indican poderán ser cubertas mediante o correspondente concurso específico de méritos, e polo prazo que se determine na convocatoria. As devanditas prazas deberán ser provistas a través dun concurso específico de méritos mediante nomeamento temporal con reserva do posto de traballo de orixe e polo tempo que se estableza na correspondente convocatoria que, en ningún caso, poderá exceder máis de seis anos.

A escolarización do alumnado de atención preferente en centros ordinarios que, por non seren de escolarización preferente, non van contar con recursos humanos permanentes, aconsella unha certa permanencia do mestre ou mestra co alumnado, de ser posible, durante unha etapa educativa, evitando un cambio de docente cada curso académico. Posto que estas necesidades educativas teñen un carácter temporal e non poden cubrirse con carácter definitivo, procede a súa provisión en réxime de comisión de servizos, sen prexuízo de que este profesorado atenda outras posibles necesidades existentes no centro.

Por outra banda, a Orde do 2 de xuño de 2021 (DOG núm. 112, do 15 de xuño) regula o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A).

Nesta orde regúlase como se actualiza o expediente persoal e que todos os datos que consten neste se empregarán na tramitación e valoración de requisitos e méritos nos correspondentes procesos de selección de persoal, provisión de postos de traballo, procesos de desenvolvemento profesional, así como aqueloutros que sexan necesarios para a xestión do persoal docente.

Pola súa vez, a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, estableceu para os/as empregados/as públicos/as a obriga de relacionarse coas administracións públicas mediante medios electrónicos para os trámites e as actuacións que realicen con elas por razón da súa condición de empregado/a público/a, na forma que determine regulamentariamente cada Administración. Así mesmo, a Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, dota o ordenamento xurídico autonómico dunha regulación única que sistematiza nun único corpo toda a regulación relativa ás relacións dixitais ad extra e ad intra no sector público autonómico de Galicia, e promove un réxime xurídico novo na administración dixital do sector público autonómico de Galicia. Neste sentido, a Administración deberá impulsar a introdución na xestión pública de novas ferramentas, servizos e procesos de prestación da actividade para o seu persoal empregado público. Por esta razón, a convocatoria deste ano introduce a solicitude de participación neste concurso específico unicamente por medios electrónicos.

Xa que logo, debido á necesidade de cobertura dos postos de escolarización a alumnado de atención preferente e, en virtude da habilitación que consta na disposición derradeira primeira do Decreto 244/1999, do 29 de xullo, realízase a súa convocatoria pública.

Para estes efectos, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

DISPÓN:

Base primeira. Obxecto

Convocar un concurso público específico de méritos entre persoal funcionario de carreira e persoal funcionario en prácticas do corpo de mestres dependente do ámbito de xestión desta comunidade autónoma, para a cobertura, en réxime de comisión de servizos, de postos de escolarización a alumnado de atención preferente (código de procedemento ED013B).

Base segunda. Vacantes que se convocan

As prazas que se ofertan neste procedemento de cobertura relaciónanse no anexo II (Vacantes) desta orde e recóllense, entre outras cuestións, os requisitos, o centro de destino, as características, a especialidade e o seu número.

Base terceira. Persoal participante e requisitos xerais

Poderá participar nesta convocatoria o persoal funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres do ámbito de xestión desta comunidade autónoma que estea nalgunha das seguintes situacións:

a) O persoal funcionario de carreira e en prácticas que estea en situación de servizo activo en centros públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Enténdese incluído nesta epígrafe o persoal funcionario de carreira desta consellería que estea en comisión de servizos fóra desta comunidade autónoma.

b) O persoal funcionario de carreira que estea en situación de servizos especiais, excedencia por coidado de familiares, excedencia por razón de violencia de xénero ou violencia sexual, ou excedencia por razón de violencia terrorista.

Tamén poderá participar o persoal funcionario de carreira que estea en situación de excedencia voluntaria concedida pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, e se se trata do suposto de excedencia voluntaria por interese particular recollido no artigo 173 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, só poderán participar se ao finalizar o curso escolar en que se realice esta convocatoria teña transcorrido un ano desde que pasaron a esta situación.

c) O persoal funcionario de carreira que teña destino definitivo nun centro do estranxeiro e teña que reincorporarse á Comunidade Autónoma de Galicia no inicio do curso académico 2024/25.

d) O persoal funcionario en prácticas, que superou o procedemento selectivo pola quenda libre ou de reserva de persoas con discapacidade.

As persoas participantes no concurso por esta alínea d) farano con cero puntos.

O persoal participante deberá posuír a especialidade e, de ser o caso, o requisito específico que se requira para cada praza.

Base cuarta. Requisitos específicos de participación

O persoal docente funcionario de carreira e en prácticas do corpo de mestres do ámbito de xestión desta comunidade autónoma, debe posuír e acreditar na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes (base sexta) o coñecemento da lingua galega.

Para estes efectos, deberá posuír o certificado de lingua galega (Celga 4) ou ter superado o curso de perfeccionamento de lingua galega, ter a validación correspondente, telo superado a través da proba libre ou posuír o nivel avanzado de galego da escola oficial de idiomas das ensinanzas reguladas polo Real decreto 1629/2006, do 29 de decembro; ou o nivel intermedio B2 das ensinanzas reguladas polo Real decreto 1041/2017, do 22 de decembro. Para estes únicos efectos, entenderase que reúnen este requisito as persoas que superaron a proba de coñecementos da lingua galega no procedemento selectivo de ingreso ou acceso ao corpo docente desde o que participa.

Base quinta. Solicitudes, presentación de requisitos, méritos e documentación complementaria

5.1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (anexo I).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O persoal concursante poderá solicitar ata un máximo de dez (10) prazas.

Cando se concurse por máis dunha especialidade, o persoal concursante presentará unha única solicitude. No caso de presentar máis dunha solicitude do mesmo tipo, soamente se admitirá a última presentada na sede electrónica da Xunta de Galicia neste procedemento normalizado.

5.2. Documentación complementaria.

5.2.1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

– Folla de autobaremación que figura como anexo IV.

En relación cos requisitos exixidos e méritos obxecto de baremación, o persoal concursante deberá proceder do modo que se indica a seguir:

– Persoal concursante con expediente actualizado.

De conformidade co establecido no artigo 4.3 da Orde do 2 de xuño de 2021 pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A), todos os datos, tanto de identificación como académicos e profesionais, que consten no expediente empregaranse na tramitación e valoración de requisitos e méritos nos correspondentes procesos, entre outros, de provisión de postos de traballo, de xeito que non é necesaria a súa xustificación.

O persoal concursante poderá verificar todos os requisitos e méritos que constan no seu expediente persoal accedendo a páxina web www.edu.xunta.gal/datospersoais, lapela do Expediente electrónico.

De estaren recollidos todos os requisitos e méritos susceptibles de baremación de conformidade co anexo IV (Folla de autobaremación) desta convocatoria, o persoal concursante unicamente deberá presentar a solicitude de participación no concurso específico de acordo co establecido no ordinal primeiro desta base.

– Persoal concursante con expediente sen actualizar.

No prazo de presentación de solicitudes establecido na base sexta desta convocatoria, o persoal docente que participe no concurso específico e non teña o seu expediente actualizado, ademais de presentar a solicitude de participación no concurso específico por medios electrónicos (código de procedemento ED013B), deberá presentar a solicitude de actualización e/ou modificación do expediente xunto coa documentación xustificativa, de acordo co establecido no artigo 7 da Orde do 2 de xuño de 2021 pola que se regulan o contido, uso e acceso ao expediente do persoal funcionario dos corpos docentes e do persoal laboral docente que imparte as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006 (código de procedemento ED011A).

A Comisión de Selección, a que se fai referencia na base décima, será a competente para a verificación da documentación presentada no procedemento con código ED011A e a posterior incorporación ao expediente do persoal docente, sen prexuízo do establecido no artigo 6.1 da Orde do 2 de xuño de 2021 no relativo ás competencias de recoñecemento, certificación e rexistro das actividades de formación do profesorado.

A nova baremación resultante dos méritos alegados reflectirase no baremo do concurso específico cando as novas alegacións sexan validadas, de ser o caso, por esta comisión.

5.2.2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

5.2.3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5.2.4. No caso de que algún dos documentos que presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tiver un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5.3. Comprobación de datos.

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

– DNI/NIE da persoa solicitante.

– DNI/NIE da persoa representante.

5.4. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

5.5. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Base sexta. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes do concurso específico, mediante o procedemento normalizado ED013B, será de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria pública no Diario Oficial de Galicia. Finalizado este prazo non se admitirá ningunha nova solicitude nin a modificación das presentadas e os seus termos terán carácter vinculante para as persoas solicitantes. Así mesmo, tampouco se admitirá ningunha documentación complementaria alegada mediante o procedemento ED011A, de conformidade co establecido na subepígrafe 5.2.1 da base quinta, unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes do concurso específico.

Base sétima. Prazo en que se deben reunir os requisitos de participación e de méritos

Todos os requisitos de participación así como os méritos alegados teñen que reunirse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, e serán acreditados na forma que se establece na presente convocatoria.

Non serán tidos en conta aqueles méritos alegados que non fosen debidamente xustificados no prazo de presentación de solicitudes establecido na base sexta así como aqueles que non se presenten por medios electrónicos e de acordo co establecido na Orde do 2 de xuño de 2021 (ED011A).

O requirimento establecido para emendar defectos, conforme o previsto no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, efectuarase mediante a resolución provisional da Comisión de Selección pola que se publica a proposta de adxudicación provisional das prazas, o baremo provisional, a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e a causa da súa exclusión.

Base oitava. Notificacións

8.1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

8.2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta a disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

8.3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderá crear, de oficio, o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

8.4. As notificacións entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez (10) días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

8.5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Base novena. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Base décima. Comisión de Selección

10.1. A selección do persoal aspirante será realizada por unha comisión, nomeada pola persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, integrada polas seguintes persoas membros:

Presidencia: a persoa titular da Subdirección Xeral de Recursos Humanos ou persoa en quen delegue.

Vogais: ata un máximo de tres vogais, elixidos/as entre persoal funcionario de carreira que ocupe postos de xefatura de servizo ou xefatura de sección da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional ou membros da inspección educativa, e un/unha vogal membro dos equipos de orientación específicos.

Secretaría: unha persoa funcionaria da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, que actuará como secretario ou secretaria con voz e sen voto.

Ademais poderá asistir á Comisión unha persoa representante de cada organización sindical con presenza na mesa sectorial docente non universitaria, con voz e sen voto.

10.2. Para a valoración dos apartados 1, 2, 3, 4.3 e 4.4 do baremo establecido no anexo III (Baremo) a Comisión de Selección poderá delegar esta función nunha subcomisión formada por persoal funcionario da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

10.3. As persoas membros da Comisión e, de ser o caso, da subcomisión, estarán suxeitos ás causas de abstención e recusación establecidas nos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, e terán dereito a percibir asistencias e axudas de custo por concorreren ás sesións, conforme o Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia (DOG núm. 122, do 25 de xuño) estando cualificadas na categoría primeira.

Base décimo primeira. Funcións da Comisión de Selección

A Comisión a que se fai referencia na base anterior terá as seguintes funcións:

a) Comprobar que as persoas solicitantes reúnen os requisitos de participación, de cobertura das prazas solicitadas así como a valoración dos méritos.

b) Ditar a resolución pola que se aproba e publica, no portal da internet da Consellería www.edu.xunta.gal, a relación provisional de persoas admitidas xunto co baremo provisional e a proposta de adxudicación provisional, así como daquelas que se exclúen provisionalmente, coa causa de exclusión.

c) Resolver as reclamacións que se presenten contra a antedita resolución provisional.

d) Ditar a resolución pola que se aproba e publica, no portal da internet da Consellería www.edu.xunta.gal, a relación definitiva de persoas admitidas, xunto co baremo definitivo e a proposta de adxudicación definitiva, así como daquelas que se exclúen definitivamente, coa causa de exclusión.

e) Proporlle ao órgano de resolución, isto é, á persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional a adxudicación das prazas ofertadas ás persoas previamente seleccionadas.

Base décimo segunda. Resolución provisional, reclamacións e renuncias

Unha vez transcorrido o prazo de presentación de solicitudes e realizada a comprobación dos requisitos e a valoración dos méritos pola Comisión de Selección, esta ditará unha resolución en que aprobará e fará pública no portal da internet da Consellería www.edu.xunta.gal, a relación provisional de persoas candidatas admitidas e excluídas, coa especificación da/das causa/s de exclusión, das puntuacións provisionais asignadas a cada unha das persoas concursantes, como resultado da aplicación do baremo que figura no anexo III (Baremo) desta orde, así como a proposta de adxudicación provisional das prazas.

As persoas interesadas poderán formular renuncia e/ou as reclamacións que consideren, no prazo de cinco (5) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación da resolución provisional no portal de internet desta consellería mediante os trámites activados de Alegacións e/ou Renuncia na Carpeta cidadá no procedemento normalizado código ED013B.

A estimación ou desestimación das ditas alegacións, así como a aceptación das renuncias, se for o caso, entenderanse implícitas nunha nova resolución da Comisión de Selección, que será publicada no citado portal, pola que se aprobarán as listaxes definitivas de persoas candidatas admitidas e excluídas, así como o baremo definitivo e a proposta de adxudicación definitiva.

A renuncia á participación no concurso de méritos específico implica a renuncia a todas as peticións formuladas e producirá os efectos previstos no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Transcorrido este prazo sen que se emende a causa de exclusión e/ou se achegue a documentación preceptiva, considerarase que a persoa interesada desiste da súa petición, nos termos e nas condicións establecidos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Base décimo terceira. Resolución definitiva e recursos

Será seleccionado o persoal participante que acade a maior puntuación para a praza que solicita segundo o baremo establecido no anexo III (Baremo).

No caso de se produciren empates no total das puntuacións outorgadas, estes resolveranse atendendo sucesivamente e por esta orde á maior puntuación nas partes 4, 2, 1 e 3 do baremo do anexo III (baremo) desta convocatoria.

Se persistise o empate, atenderase á puntuación obtida nas distintas epígrafes que compoñen as anteditas partes, por esta orde. En ambos os dous casos, as puntuacións que se tomen en consideración en cada epígrafe non poderán exceder a puntuación máxima establecida para cada unha delas no baremo.

De resultar necesario, empregarase como criterio de desempate o ano en que se convocou o procedemento selectivo a través do cal se ingresou no corpo e a puntuación pola cal a persoa resultou seleccionada.

A adxudicación de destinos ao persoal funcionario en prácticas farase tendo en conta a puntuación obtida no proceso selectivo e, se é o caso, o número de orde obtido no devandito proceso.

A Comisión de Selección ditará unha resolución en que aprobará e fará pública no portal da internet da Consellería, http://www.edu.xunta.gal, a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas, coa especificación da/das causa/s de exclusión e das puntuacións definitivas asignadas a cada unha das persoas concursantes, na que emitirá unha proposta de adxudicación definitiva dirixida á persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

A persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, coa condición de órgano de resolución desta convocatoria pública, mediante orde, publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución definitiva deste concurso na que se reflectirá a adxudicación das persoas seleccionadas de acordo ao seu orde de preferencia e a teor do baremo aplicado.

O prazo máximo para resolver e publicar a resolución definitiva non poderá exceder os cinco (5) meses, contados a partir da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. Transcorrido o dito prazo sen se ditar resolución expresa, as solicitudes poderán entenderse desestimadas por silencio administrativo.

Contra a citada orde pola que se resolve o concurso, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición, ante a persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Base décimo cuarta. Toma de posesión

As persoas seleccionadas deberán incorporarse ás prazas obtidas con data do 1 de setembro de 2024 e cesarán no seu destino de procedencia o 31 de agosto do mesmo ano.

As prazas adxudicaranse en réxime de comisión de servizos e con reserva do posto de traballo de orixe, por un período dun (1) ano prorrogable ata que o alumno remate a etapa educativa que cursa e como máximo por un período que, incluída a comisión de servizos inicial e as eventuais prórrogas, non poderá superar os seis (6) anos de duración, de acordo co disposto no punto 2 do artigo 3 do Decreto 244/1999, do 29 de xullo. A prórroga esixirá petición da persoa interesada no prazo de cinco (5) días hábiles desde a publicación do último concurso xeral de traslados na páxina web desta consellería así como o informe favorable da inspección educativa e, de resultar preciso, informe complementario do equipo de orientación específico.

Disposición adicional primeira

No que atinxe aos servizos docentes prestados a fracción de ano computarase a razón de 0,0416 puntos por cada mes completo.

Disposición adicional segunda

1. No que respecta ás actividades de formación do apartado 4 do anexo III (Baremo):

As actividades de formación do profesorado a partir do 23 de maio de 2013 deberán cumprir co establecido na Orde do 14 de maio de 2013 pola que se regula a convocatoria, o recoñecemento, a certificación e o rexistro das actividades de formación permanente do profesorado en Galicia (DOG núm. 96, do 22 de maio). Quedarán exceptuados deste requisito as actividades de formación específicas recollidas nas epígrafes 4.1 e 4.2.

2. Para os efectos da baremación das epígrafes 4.1 e 4.3 do anexo III (Baremo) sumaranse as horas de todas as actividades, non puntuándose o resto do número de horas inferiores a 10. Cando as actividades veñan expresadas en créditos, entenderase que cada crédito equivale a 10 horas. Para os efectos da baremación das epígrafes 4.2 e 4.4 do anexo III (Baremo) sumaranse as horas de todas as actividades e non se puntuarán o resto de número de horas inferior a 3.

Disposición adicional terceira

Para optar a prazas que requiran o coñecemento de lingua de signos as persoas solicitantes deberán posuír o título de técnico superior en Interpretación da Lingua de Signos establecido polo Real decreto 2060/1995, de 22 de decembro (BOE núm. 47, do 23 de febreiro) ou o título de técnico superior en Mediación Comunicativa establecido polo Real decreto 831/2014, do 3 de outubro (BOE núm. 259, do 25 de outubro) ou o título de intérprete en Lingua de Signos Española expedido pola confederación nacional ou pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAPXG). Na adxudicación das prazas con este requisito terá prioridade o persoal participante que acredite o título de técnico superior.

Para optar a prazas que requiran o coñecemento de Braille, as persoas solicitantes deberán acreditar a realización de cursos de Braille organizados pola Organización Nacional de Cegos de España (ONCE) ou por outros organismos oficiais.

Disposición adicional cuarta

1. Para poder obter puntuación por outras titulacións universitarias de carácter oficial, deberá presentarse cantos títulos se posúan, incluído o alegado para ingreso no corpo.

2. No que respecta á baremación de titulacións de primeiro ciclo, non se entenderá como tal a superación dalgún dos cursos de adaptación.

Para a valoración da epígrafe 3.4 non se considerarán como títulos distintos as diferentes mencións que se asenten nunha mesma titulación.

Non se valorarán as declaracións de correspondencia de títulos oficiais aos niveis do Marco español de cualificacións para a educación superior, emitidos ao abeiro do disposto no Real decreto 889/2022, do 18 de outubro.

3. Nas epígrafes 3.1, 3.2 e 3.3 soamente se valorará un título por cada unha delas.

Puntuarase neste concurso específico o máster que habilita para o exercicio das profesións de profesor de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensino de idiomas.

Para os efectos da baremación da epígrafe 3.2, cando se alegue o título de doutoramento non se valorará o título de máster oficial que constitúa un requisito de acceso ao doutoramento nin tampouco a suficiencia investigadora nin o certificado-diploma de estudos avanzados.

4. Os títulos universitarios obtidos no estranxeiro deberán estar homologados ou ter sido declarados equivalentes á titulación e nivel universitario oficial, de conformidade co establecido polo Real decreto 889/2022, do 18 de outubro.

5. Non se baremarán como méritos académicos os títulos universitarios non oficiais que conforme o Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, polo que se establece a organización dos ensinos universitarios e do procedemento de aseguramento da súa calidade, sexan expedidos polas universidades no uso da súa autonomía.

Disposición adicional quinta. Impugnación da convocatoria

Contra esta orde poderá interpoñerse, ante a persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, recurso potestativo de reposición no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Alternativamente, poderá interpoñerse directamente recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente, no prazo de dous (2) meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para ditar cantas disposicións sexan precisas para o desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2024

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional

ANEXO II

Vacantes

Código da
praza

Código do
centro

Centro

Localidade

Especialidade

Requisito

1501

15025037

CEIP Sagrada Familia (2)

A Coruña

1 PT

1502

15005257

IES Ramón Menéndez Pidal (2) (10)

A Coruña

1 PT

1503

15005336

CEE Nosa Señora do Rosario (2)

A Coruña

1 AL

Coñecemento en linguaxe natural asistida e comunicadores dinámicos

1504

15024902

CEIP Plurilingüe Wenceslao Fdez. Flórez (4) (8)

A Coruña

1 AL

Coñecemento de LSE, Coñecemento de SAAC: Coñecemento de GRID 3

1505

15005521

CEIP Ramón de la Sagra (2)

A Coruña

1 AL afín PT

Coñecemento da metodoloxía TEACCH, Coñecemento de SAAC

1506

15005361

CEIP Rosalía de Castro (2) (3) (4)

A Coruña

1 AL

1507

15005701

CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma (9)

A Coruña

1 AL

1508

15005701

CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma (1)

A Coruña

1 PT

1509

15023363

CEIP Plurilingüe Manuel Murguía (2)

A Coruña

1 PT

1510

15033228

CEIP Plurilingüe Novo Mesoiro (4)

A Coruña

1 AL

Coñecemento de LSE

1511

15004745

CEIP Plurilingüe Anxo da Garda (2) (10)

A Coruña

1 PT

Coñecemento de SAAC

1512

15027770

IES A Sardiñeira (4)

A Coruña

1 PT

Coñecemento de LSE

1513

15023375

CEIP Plurilingüe José Cornide Saavedra (2)

A Coruña

1 AL

1514

15000107

CEIP A Maía (2) (10)

Ames

1 PT afín AL

Coñecemento de SAAC

1515

15000569

CEIP San Xosé Obreiro (2) (10)

Arteixo

1 PT afín AL

Coñecemento de SAAC

1516

15001367

CEIP Plurilingüe de Abanqueiro (5)

Boiro

1 AL

Coñecemento de Braille

1517

15002165

CEIP Plurilingüe Wenceslao Fernández Flórez (2)

Cambre

1 PT

1518

15023053

CEIP Portofaro (2)

Cambre

1 PT afín AL

1519

15023077

CEIP Plurilingüe de Gándara-Sofán (4)

Carballo

1 AL

Coñecemento de LSE

1520

15021354

CEIP Bergantiños (1)

Carballo

1 PT

1521

15027393

CEIP Xesús San Luís Romero (2)

Carballo

1 PT

1522

15002578

CEIP Fogar (1)

Carballo

1 PT

1523

15027307

IES Isidro Parga Pondal (1)

Carballo

1 PT

1524

15002761

CEIP Plurilingüe de Carnota (2) (6) (9)

Carnota

1 AL

Coñecemento de SAAC

1525

15003212

IES Agra de Raíces (2)

Cee

1 PT afín AL

1526

15003789

CEIP Praia de Quenxe (2)

Corcubión

1 PT

1527

15033198

CRA A Tarandeira (2)

Coristanco

1 PT itinerante

1528

15027708

CEIP Plurilingüe Ría do Burgo (2) (8)

Culleredo

1 PT

1529

15033149

CEIP Plurilingüe Vila de Rutis (2) (6)

Culleredo

1 PT afín AL

Coñecemento de LSE, Coñecemento de SAAC: Coñecemento de Verbo e Proloquo2Go

1530

15027253

CEIP Isaac Díaz Pardo (2)

Culleredo

1 PT afín AL

1531

15023405

CPI A Xunqueira (3)

Fene

1 PT

1532

15022981

CEIP Plurilingue de Centieiras (2) (6) (8) (11)

Fene

1 AL

Coñecemento Comunicador AsTeRICS GRID

1533

15006699

CEIP Plurilingüe Ángela Ruiz Robles (4) (8)

Ferrol

1 AL

Coñecemento de LSE, Coñecemento de SAAC

1534

15006687

IES Catabois (2)

Ferrol

1 AL

Coñecemento Grid for Ipad

1535

15025566

IES Ferrol Vello (2) (6)

Ferrol

1 PT afín AL

1536

15024227

CEIP de Pazos-Mestre García Niebla (2)

Ferrol

1 AL afín PT

1537

15021834

CEIP Ledicia (2)

Ferrol

1 PT afín AL

1538

15007655

CEIP de Caión (2)

A Laracha

1 PT afín AL

Coñecemento de SAAC: Coñecemento de Proloquo2Go

1539

15008805

CEIP Melide 1 (2) (8)

Melide

1 PT

1540

15025657

IES de Mugardos (9)

Mugardos

1 PT

1541

15009391

CEIP Santiago Apóstolo (3)

Mugardos

1 AL

1542

15022310

CEIP A Gándara (2)

Narón

1 PT

1543

15023508

CEIP Plurilingüe Virxe do Mar (2)

Narón

1 PT

1544

15022577

CEIP de Maciñeira (2)

Neda

1 PT

Coñecemento da metodoloxía TEACCH,

Coñecemento de SAAC

1545

15010575

CEIP Plurilingüe O Coto (1) (2)

Negreira

1 PT

Coñecemento de SAAC

1546

15010681

CEIP Plurilingüe Alexandre Rodríguez Cadarso (2)

Noia

1 PT

Coñecemento de SAAC: coñecemento de GRID

1547

15011026

CEIP Plurilingüe da Rabadeira (2)

Oleiros

1 PT

1548

15027939

IES Plurilingüe Maruxa Mallo (2) (11)

Ordes

1 PT

1549

15013199

CEIP Plurilingüe Salustiano Rey Eiras (2) (3) (8)

A Pobra do Caramiñal

1 AL afín PT

Coñecemento de SAAC

1550

15026194

CEIP Plurilingüe A Fraga (10)

As Pontes de García Rodríguez

1 AL

1551

15013928

CEIP Plurilingüe Sobrado-Nebra (2)

Porto do Son

1 PT afín AL

Itinera co CEIP de Portosín (15025062)

1552

15014544

CEIP Plurilingüe O Grupo (1) (2)

Ribeira

1 PT

1553

15021731

CEIP Plurilingüe de Frións (2) (10)

Ribeira

1 PT

Coñecemento de SAAC

1554

15014465

CEIP Plurilingüe de Palmeira (2) (3) (8)

Ribeira

1 AL afín PT

Coñecemento de SAAC

1555

15022589

CEIP Lamas de Abade (2)

Santiago de Compostela

1 PT afín AL

Coñecemento de SAAC

1556

15015743

IES Arcebispo Xelmírez I (3) (9)

Santiago de Compostela

1 AL

Coñecemento de SAAC: Coñecemento de GRID

Coñecemento de Tobii Con recursos dixitais

como Balabolka, Xeoxebra, Word, Power Point

1557

15015998

CEIP Ramón Cabanillas (8)

Santiago de Compostela

1 AL

Coñecemento de SAAC

1558

15016292

CEIP Plurilingüe Mestre Rodríguez Xixirei (2)

Santiago de Compostela

1 AL afín PT

1559

15027332

CEIP Fontiñas (3) (8)

Santiago de Compostela

1 AL

Coñecemento de IRISBOND

1560

15017041

CEIP A Igrexa-Calo (2)

Teo

1 PT

1561

15017107

CEIP Plurilingüe da Ramallosa (2)

Teo

1 PT

1562

15018471

CEIP Ortigueira (9)

Vedra

1 AL afín PT

Coñecemento de SAAC

2701

27001440

CEIP Xosé Luís Taboada (2)

Carballedo

1 PT

Coñecemento de SAAC: programa Eneso Verbo

2702

27015751

CEIP Plurilingüe Vista Alegre (2)

Burela

1 AL

Coñecemento de SAAC

2703

27015751

CEIP Plurilingüe Vista Alegre (1)

Burela

1 PT

2704

27001816

CEIP Veleiro-Docampo (2)

Castro de Rei

1 AL

2705

27002249

CPI Plurilingüe de Castroverde (2) (6) (11)

Castroverde

1 AL

2706

27020859

CEIP Península da Paz (2)

Cervo

1 AL

Coñecemento de SAAC

2707

27015301

CEIP de Cervo (2)

Cervo

1 AL

Coñecemento de SAAC

2708

27012450

CPI Plurilingüe Dr. López Suárez (2) (10)

O Saviñao

1 AL

Coñecemento de SAAC

2709

27016391

CEIP O Cantel (9)

Foz

1 AL

2710

27016467

CEIP Menéndez Pelayo (2)

Lugo

1 AL

Coñecemento de SAAC: Coñecemento de GRID 3

2711

27006395

CEIP Plurilingüe Benigno Quiroga Ballesteros (4)

Lugo

1 AL

2712

27014665

CEIP Luís Pimentel (2) (10)

Lugo

1 AL afín PT

Coñecemento de SAAC: programa Eneso Verbo

2713

27006334

CEIP das Mercedes (2)

Lugo

1 AL

Coñecemento de SAAC: programa Eneso Verbo

2714

27016728

CEIP Illa Verde (9)

Lugo

1 AL

Coñecemento de SAAC: Coñecemento de GRID 3

2715

27006383

CEIP A Ponte (1) (11)

Lugo

1 PT

2716

27016704

IES Leiras Pulpeiro (2)

Lugo

1 PT

2717

27014860

CEIP Plurilingüe A Gándara (2)

Monforte de Lemos

1 AL

2718

27016662

CEIP Plurilingüe de Monforte de Lemos (2)

Monforte de Lemos

1 PT afín AL

2719

27016662

CEIP Plurilingüe de Monforte de Lemos (2)

Monforte de Lemos

1 AL

2720

27008513

CEIP Laverde Ruíz (1) (2) (10) (11)

Outeiro de Rei

1 AL afín PT

2721

27010891

CEIP Plurilingüe Gregorio Sanz (9)

Ribadeo

1 AL

Coñecemento de SAAC: Coñecemento de GRID 3

2722

27010891

CEIP Plurilingüe Gregorio Sanz (9)

Ribadeo

1 PT

2723

27014082

EEI Xela Arias (10)

Sarria

1 AL

Coñecemento de SAAC

2724

27014094

EEI de Vilalba (9)

Vilalba

1 PT

2725

27016674

CEP Lois Tobío (9)

Viveiro

1 AL

3201

32010121

CEIP Roberto Blanco Torres (6)

A Peroxa

1 PT

3202

32000356

CEIP Plurilingüe Ramón Otero Pedrayo
(1) (10)

Amoeiro

1 PT

3203

32000708

CEIP Virxe de Guadalupe
(10) (11)

Avión

1 PT

Coñecemento da metodoloxía TEACCH, Coñecemento de SAAC

3204

32002122

CEIP Nosa Señora de Xuvencos (1) (2)

Boborás

1 PT

Coñecemento da metodoloxía TEACCH

3205

32002951

CEIP Plurilingüe Calvo Sotelo
(2)

O Carballiño

1 PT

Coñecemento da metodoloxía TEACCH

3206

32015682

CEIP Plurilingüe Raúl Fernández (3) (9)

Castrelo do Val

1 PT afín AL

Coñecemento de SAAC: Coñecemento de GRID 3

3207

32016625

IES Celanova Celso Emilio Ferreiro
(2)

Celanova

1 PT afín AL

Coñecemento da metodoloxía TEACCH, Coñecemento en CAA, Coñecemento en comunicadores dinámicos

3208

32003771

CEIP Plurilingüe Curros Enríquez (8)

Celanova

1 PT afín AL

Coñecemento da metodoloxía TEACCH, Coñecemento de SAAC (PECS), Coñecemento de GRID3, Coñecemento de LSE

3209

32015918

CEIP Carmen García Carrasco (2) (10) (11)

Cenlle

1 PT afín AL

Coñecemento da metodoloxía TEACCH, Coñecemento de SAAC

3210

32004398

CEIP Vicente Risco (2)

Cualedro

1 AL afín PT

3211

32006929

CPI Terras de Maside (4) (10)

Maside

1 AL

Coñecemento de LSE

3212

32008768

CEIP O Couto (1) (8)

Ourense

1 PT

3213

32015219

CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro (2)

Ourense

1 PT afín AL

Coñecemento de GRID 3

3214

32009360

CPI Purilingüe José García García (2) (3)

Ourense

1 AL afín PT

Coñecemento de SAAC: Coñecemento de GRID 3 e TOBII

3215

32008793

CEIP Manuel Luis Acuña
(1) (10)

Ourense

1 PT afín AL

3216

32015220

CEIP Vistahermosa (2)

Ourense

1 PT

3217

32008847

CEIP Plurilingüe Amadeo Rodríguez Barroso (2)

Ourense

1 PT

3218

32015177

CPI de Padrenda Crespos
(2) (6)

Padrenda

1 PT afín AL

3219

32016029

CEIP Plurilingüe Ben-Cho-Shey
(2)

O Pereiro de Aguiar

1 AL afín PT

Coñecemento de SAAC: Coñecemento de GRID 3

3220

32015921

CEIP Plurilingüe Lanbriscae
(2)

San Amaro

1 PT afín AL

Coñecemento de SAAC:

Coñecemento de GRID 3

3221

32004829

CEIP Rosalía de Castro
(8) (10)

Xinzo de Limia

1 AL

Coñecemento de SAAC: Coñecemento de Asterics Grid

3222

32014801

IES Cidade de Antioquía
(1) (8)

Xinzo de Limia

1 PT

Formación en contención

3223

32015232

IES Lagoa de Antela
(8)

Xinzo de Limia

1 AL afín PT

Coñecemento da metodoloxía TEACCH

3224

32004830

CEIP Carlos Casares
(4) (5) (8)

Xinzo de Limia

1 PT afín AL

Coñecemento da metodoloxía TEACCH, Coñecemento de SAAC

3225

32005691

CEIP Padre Crespo (2) (6) (10)

Xunqueira de Ambía

1 AL afín PT

Coñecemento de GRID 3

3601

36002347

CEIP Pérez Viondi (8)

A Estrada

1 PT afín AL

Coñecemento de SAAC

3602

36016966

CEP Carlos Casares (2)

Salvaterra de Miño

1 PT

3603

36005555

CEIP Marquesa do Pazo da Mercé (2) (9)

As Neves

1 AL

3604

36000648

CEIP Plurilingüe Enrique Barreiro Piñeiro (2)

Cambados

1 PT

Itinera co CEIP do Corvillón (36016103)

3605

36015093

CEIP San Tomé (2)

Cambados

1 PT

Coñecemento de SAAC

3606

36015950

CEIP Plurilingüe da Espiñeira-Aldán (1) (2)

Cangas

1 PT

3607

36001550

CEIP Plurilingüe de Carballedo (2) (3) (5) (6) (8)

Cerdedo-Cotobade

1 PT

Coñecemento de GRID

3608

36001252

CPI do Progreso (2) (10)

Catoira

1 PT

Coñecemento da metodoloxía TEACCH

3609

36003662

CEIP Plurilingüe Chano Piñeiro
(1) (2) (8) (10)

Gondomar

1 PT

Coñecemento da metodoloxía TEACCH, Coñecemento de SAAC, Coñecemento de prácticas restaurativas

3610

36018631

CEP Xosé Neira Vilas (1) (2) (7) (8) (11)

Gondomar

1 AL

Coñecemento da metodoloxía TEACCH, Coñecemento de SAAC, Coñecemento de prácticas restaurativas

3611

36014672

CEIP Serra-Vincios
(2) (6) (10) (11)

Gondomar

1 PT afín AL

Coñecemento da metodoloxía TEACCH, Coñecemento de SAAC,

Coñecemento de GRID

3612

36004484

CEIP Plurilingüe da Laxe (2) (10)

Marín

1 AL

3613

36004496

CEIP de Sequelo-Marín (2) (5) (6)

Marín

1 PT afín AL

3614

36004681

CEIP de Seixo (1) (2) (4)

Marín

1 AL

3615

36004691

CEIP de Coirón-Dena (1) (2) (6)

Meaño

1 PT

3616

36016590

CEIP de Abelendo (2) (1) (10)

Moaña

1 PT

3617

36004927

CPI de Mondariz (2)

Mondariz

1 PT

3618

36000326

CEIP Plurilingüe Montemogos (1) (2) (3) (6)

Montemogos

1 AL afín PT

3619

36005245

CEIP Mestre Martínez Alonso (2)

Mos

1 AL

3620

36007199

CEIP Plurilingüe Isidora Riestra (2) (10)

Poio

1 AL

3621

36007497

CEIP Plurilingüe Nosa Señora dos Remedios (1) (2) (6) (8)

Ponteareas

1 PT

Coñecemento da metodoloxía TEACCH

3622

36007539

CEIP Fermín Bouza Brey (2) (8)

Ponteareas

1 PT

3623

36006377

CEIP Álvarez Limeses (2)

Pontevedra

1 PT

Coñecemento de SAAC

3624

36007035

CPI Domingo Fontán (8) (1) (2)

Portas

1 PT

3625

36014817

CEIP Plurilingüe Igrexa-Chapela (2)

Redondela

1 PT

Coñecemento de SAAC

3626

36007709

CEIP Plurilingüe de Reboreda (8)

Redondela

1 PT

3627

36020325

IES Illa de San Simón (4)

Redondela

1 PT

Coñecemento de LSE

3628

36018410

CEIP Plurilingüe Quintela (1)

Redondela

1 PT

3629

36008489

CEP Altamira (8)

Salceda de Caselas

1 AL

3630

36008751

CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón (6)

Salvaterra de Miño

1 AL

3631

36014738

CEIP Plurilingüe de Leirado (2) (6)

Salvaterra de Miño

1 PT afín AL

3632

36025013

CEIP Manuel Padín Truiteiro (2) (8) (10)

Soutomaior

1 PT

3633

36009962

CEIP Plurilingüe Otero Pedrayo
(2) (9) (11)

Vigo

1 PT afín AL

Coñecemento da metodoloxía TEACCH. Require traballo psicomotor importante (uso forza para desprazamentos)

3634

36015627

CEIP Plurilingüe García Barbón (2)

Vigo

1 PT

3635

36010162

CEIP A Canicouva (8)

Vigo

1 PT

3636

36015251

CEIP Plurilingüe Frián-Teis (8)

Vigo

1 AL

3637

36010629

CEIP Vicente Risco (10)

Vigo

1 AL afín PT

Coñecemento de SAAC

3638

36010423

CEIP Valle-Inclán (1)

Vigo

1 PT

3639

36014799

EEI Vila Laura (2) (10)

Vigo

1 AL

3640

36010125

CEIP de Fonte Escura (3)

Vigo

1 PT

3641

36010125

CEIP de Fonte Escura (3)

Vigo

1 AL

3642

36010125

CEIP de Fonte Escura (2)

Vigo

1 PT

3643

36010125

CEIP de Fonte Escura (2)

Vigo

1 AL

3644

36010711

CEP Dr. Fleming (2) (3) (8)

Vigo

1 PT

Coñecemento da metodoloxía TEACCH

3645

36010711

CEP Dr. Fleming (2) (3) (8)

Vigo

1 PT

Coñecemento da metodoloxía TEACCH

3646

36010711

CEP Dr. Fleming (2) (3) (8)

Vigo

1 PT

Coñecemento da metodoloxía TEACCH

3647

36016991

CEP Plurilingüe de Riomaior (2) (8) (10)

Vilaboa

1 AL

Coñecemento de SAAC

3648

36019451

CEIP A Escardia (6) (8)

Vilagarcía de Arousa

1 PT

Coñecemento da metodoloxía TEACCH

3649

36012742

CEIP Plurilingüe de Vilaxoán (1) (2)

Vilagarcía de Arousa

1 PT

Coñecemento da metodoloxía TEACCH

3650

36012742

CEIP Plurilingüe de Vilaxoán (1) (2)

Vilagarcía de Arousa

1 AL

Coñecemento da metodoloxía TEACCH

(1) Trastornos graves de conduta

(2) Trastorno do espectro do autismo

(3) Discapacidade motora

(4) Discapacidade sensorial (hipoacusia)

(5) Discapacidade sensorial visual

(6) Discapacidade intelectual

(7) Altas capacidades

(8) Pluridiscapacidade

(9) Discapacidade física asociada a dificultades graves da linguaxe

(10) Trastornos da comunicación

(11) Atraso psicomotor e discapacidade cognitiva

ANEXO III

Baremo

Méritos

Total puntos máximo

1. Antigüidade:

Por cada ano de servizos efectivos prestados en situación de servizo activo como persoal funcionario docente no corpo de mestres: 0,50 puntos por ano e 0,0416 por cada mes.

6 puntos

2. Servizos:

Servizos prestados na especialidade de Pedagoxía terapéutica ou na de Audición e linguaxe:

2.1. Por cada ano de servizos efectivos prestados en situación de servizo activo como persoal funcionario docente na especialidade de Pedagoxía Terapéutica cando a praza que se solicite sexa desta especialidade: 0,50 puntos por ano e 0,0416 por cada mes.

2.2. Por cada ano de servizos efectivos prestados en situación de servizo activo como persoal funcionario docente na especialidade de Audición e linguaxe cando a praza que se solicite sexa desta especialidade: 0,50 puntos por ano e 0,0416 por cada mes.

6 puntos

3. Méritos académicos:

3.1. Polo título de doutoramento: 2 puntos.

3.2. Polo título universitario oficial de máster, para cuxa obtención se exixisen, polo menos 60 créditos: 1,50 puntos.

3.3. Polo recoñecemento de suficiencia investigadora ou o certificado-diploma de estudos avanzados: 1 punto.

3.4. Por cada título de grao distinto do alegado para o ingreso no corpo: 0,50 puntos.

3.5. Por cada titulación de segundo ciclo: 0,50 puntos.

3.6. Por cada titulación de primeiro ciclo distinta da alegada para o ingreso no corpo: 0,25 puntos.

6 puntos

4. Actividades de formación:

4.1. Por actividades superadas de formación específica directamente relacionadas coas necesidades educativas especiais (0,2 puntos por cada 10 horas): ata 4 puntos.

4.2. Por actividades impartidas de formación específica directamente relacionadas coas necesidades educativas especiais (0,2 puntos por cada 3 horas): ata 2 puntos.

4.3. Por actividades superadas e non baremadas na epígrafe 4.1 que teñan por obxecto o perfeccionamento sobre aspectos científicos e didácticos das especialidades do corpo de mestres ou relacionadas coa organización escolar ou coas tecnoloxías aplicadas á educación, organizadas polas administracións educativas que se atopen en pleno exercicio das súas competencias en materia educativa, por institucións sen ánimo de lucro que fosen homologadas polas administracións precitadas, así como as organizadas polas universidades (0,10 puntos por cada 10 horas de actividades de formación acreditadas): ata 2 puntos.

4.4. Por actividades de formación impartidas e non baremadas na epígrafe 4.2 (0,10 puntos por cada 3 horas de formación acreditadas): ata 1 punto.

9 puntos

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file