DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 24 de maio de 2024 Páx. 31358

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2024 pola que se inadmiten as solicitudes de recoñecemento extraordinario do grao I do sistema de carreira profesional do ano 2019, realizadas fóra de prazo durante os anos 2019-2024, e se procede á súa notificación.

Antecedentes.

1. Na actualidade o sistema de carreira profesional, recollido na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia (DOG núm. 82, do 4 de maio), non ten sido aínda obxecto de desenvolvemento regulamentario.

2. A Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, mediante a modificación operada pola Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, estableceu a existencia dun sistema transitorio de recoñecemento da progresión na carreira administrativa, complementario ao grao persoal, namentres non se desenvolva o sistema de carreira profesional previsto no artigo 77 da dita lei e que quedou configurado como unha retribución adicional ao complemento de destino.

3. O sistema de carreira profesional foi aprobado en base a sección quinta da Orde do 15 de xaneiro de 2019 pola que se publica o Acordo de concertación do emprego público de Galicia (DOG núm. 19, do 28 de xaneiro). No dito acordo recóllese que no ano 2019 se realizaría un recoñecemento extraordinario do grao I da carreira profesional. Esta denominación puido levar a confusión, ben que realmente este acordo pretendía posibilitar a implantación do sistema transitorio de recoñecemento da progresión na carreira administrativa previsto na devandita disposición transitoria e non no artigo 77 do mesmo texto legal.

4. Mediante a Orde da Consellería de Facenda do 28 de marzo de 2019 publicouse o acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais: CC.OO. e UGT para a implantación do réxime extraordinario de acceso ao grao I do sistema de carreira profesional do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e do persoal laboral fixo do V Convenio Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia (DOG núm. 62, do 29 de marzo). De novo, cómpre facer constar que erroneamente se emprega a terminoloxía de carreira profesional, cando realmente estase a desenvolver o sistema transitorio de recoñecemento da progresión na carreira administrativa.

Consideracións legais e técnicas.

1. O prazo para solicitar o recoñecemento extraordinario era de 4 meses contados desde o día seguinte ao da publicación do acordo.

2. Para a presentación de solicitudes establecíanse dous procedementos:

a) Persoal laboral con acceso ao Portax, https://portax.xunta.es

b) Persoal laboral sen acceso ao Portax https://portax.xunta.es, debía solicitar o acceso cubrindo o modelo e enviaríaselle un PIN para o acceso.

3. Porén, tamén foron numerosas as solicitudes que non foron presentadas a través do método anterior, se non directamente a través do rexistro electrónico mediante unha solicitude manuscrita ou mecanizada ou mediante o modelo xenérico PR004 á disposición na sede electrónica da Xunta.

4. A Xunta tramitou todas as solicitudes recibidas, independentemente de se se recibiron a través do Portax ou do rexistro electrónico.

5. Unha vez finalizado o prazo establecido para a presentación de solicitudes pechouse o acceso a Portax, polo que ningún tipo de persoal podía usar esta vía para facer a solicitude de carreira nos anos 2020, 2021 e os once primeiros meses do 2022, datas en que tampouco se abriu ningunha convocatoria nova. A partir do ano 2022 as solicitudes pasan a tramitarse a través do Fides.

6. Posteriormente, distintos pronunciamentos xudiciais anulan as ordes anteriormente indicadas.

7. Estas sentenzas motivaron a sinatura de catro novos acordos para implantar o complemento de carreira para o persoal funcionario ou persoal laboral que se puidera funcionarizar ou o complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral da Xunta de Galicia que non se puidese funcionarizar.

8. Este catro novos acordos son:

– Orde do 25 de novembro de 2022 pola que se publica o Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CSIF, CC.OO. e UGT polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na carreira administrativa prevista na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, para o persoal funcionario.

– Orde do 25 de novembro de 2022 pola que se publica o Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CC.OO. e UGT polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos I e II do complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral.

– Orde do 22 de novembro de 2022 pola que se publica o Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais UGT, CC.OO. e CSIF para o desenvolvemento do sistema transitorio de recoñecemento da progresión na carreira administrativa prevista na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, para o persoal funcionario.

– Orde do 22 de novembro de 2022 pola que se publica o Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais CC.OO. e UGT para o establecemento do complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

9. As solicitudes sinaladas no anexo foron presentadas fóra de prazo, e referidas a unha orde posteriormente declarada nula de pleno dereito polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en sentenza do 14.7.2021.

En vista do anterior, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

RESOLVE:

Inadmitir as solicitudes sinaladas no anexo a esta resolución para acceder ao grao extraordinario I do sistema de carreira profesional correspondentes a convocatoria do ano 2019, e proceder á súa notificación.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo desta resolución a inadmisión da súa solicitude de recoñecemento extraordinario do grao I do sistema de carreira administrativa.

Contra esta resolución, que pon fin a vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte á súa notificación, de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

Expediente

NIF

Nome

Data da solicitude

1

2024/15795

***3482**

Alicia Fraga Liste

28.11.2022

2

2023/210

***6877**

Amparo Portabales Dobaño

20.12.2022

3

2024/7502

***6877**

Amparo Portabales Dobaño

6.3.2024

4

2024/15799

***7648**

Ana Belén Castro Pita

29.11.2022

5

2024/15806

***6359**

Ana Feijóo Ojea

2.12.2022

6

2024/15808

***9678**

Ana María Abal Vidal

29.11.2022

7

2024/15811

***9092**

Ana María Moure Barca

28.11.2022

8

2024/15819

***6631**

Ana Rocío Pérez Rivadulla

2.12.2022

9

2024/7507

***4422**

Ana Suárez Samaniego

6.3.2024

10

2024/15820

***1129**

Verónica Piñeiro Pintos

1.12.2022

11

2024/15823

***2415**

Bibiana Blanco Sánchez

29.11.2022

12

2024/15827

***0648**

Carlos Vázquez Suárez

30.11.2022

13

2024/15829

***5181**

Carmen Gloria Figueira Conde

28.11.2022

14

2024/15834

***0987**

Catuxa González Díaz

5.12.2022

15

2024/15832

***8343**

Claudina Moreira Costoyas

24.11.2022

16

2024/15842

***7295**

Constantino José Arnoso Rey

28.11.2022

17

2024/15843

***4215**

Cristina Castellano Barreiro

27.11.2022

18

2024/15844

***4899**

Delfina Rodríguez Álvarez

28.11.2022

19

2024/15845

***3521**

Diana Pego Fernández

30.11.2022

20

2024/15847

***1191**

Diego de Novoa Fernández

20.12.2022

21

2024/15848

***7782**

Elia Ladra Fraga

25.11.2022

22

2024/15849

***5296**

Enrique Philippon de Arriba

28.11.2022

23

2024/15850

***1203**

Estrella María Seivane Llanes

29.11.2022

24

2024/15852

***9387**

Francisco Fernández Castro

13.12.2022

25

2024/5409

***9387**

Francisco Fernández Castro

16.2.2024

26

2024/15853

***8589**

Gema Machado Montero

29.11.2022

27

2024/15869

***1151**

Germán Souto García

1.12.2022

28

2024/5945

***3046**

Jeanette Varela Vázquez

23.2.2024

29

2024/15854

***3301**

Jesús Alejandro Abelenda Pose

7.12.2022

30

2024/15855

***3055**

José Javier López Crende

24.11.2022

31

2024/15856

***7314**

José Luis Ares Rodríguez

28.11.2022

32

2024/15858

***0716**

José Luis García Ares

25.11.2022

33

2024/15860

***5335**

José Luis Ramil López

30.11.2022

34

2024/15862

***6068**

Juan Carlos Gómez Remuiñán

1.12.2022

35

2024/15863

***5541**

Ledicia Castro Ansede

25.11.2022

36

2024/15864

***1290**

Lorena Alvite Pereira

25.11.2022

37

2024/7128

***2938**

Lucía Cebro González

4.3.2024

38

2023/2280

***0301**

Lucía García Miras

23.12.2022

39

2024/7497

***0301**

Lucía García Miras

6.3.2024

40

2024/15865

***1041**

Luis Manuel Fontán Crespo

29.11.2022

41

2024/15866

***6666**

Luis Porto González

1.12.2022

42

2024/15867

***9651**

Luis Silva González

24.11.2022

43

2024/15890

***4646**

Mª Almudena Fernández Rivas

24.11.2022

44

2024/15925

***8764**

Mª Cristina Corral Méndez

30.11.2022

45

2024/15926

***0441**

Mª Cristina Vázquez Sánchez

29.11.2022

46

2024/15938

***5574**

Mª Dolores Aguilar Otero

30.11.2022

47

2024/15882

***9302**

Mª Mercedes González Calvar

24.11.2022

48

2024/15885

***4865**

Manuel Antonio Fernández Iglesias

25.11.2022

49

2024/15887

***5842**

Manuel Dono López

13.12.2022

50

2024/15888

***1801**

Marcelino Bouza Amigo

1.12.2022

51

2024/15889

***1786**

María Abad Costoya

25.11.2022

52

2024/15894

***7590**

María Beatriz Martínez Albor

30.11.2022

53

2024/15896

***7051**

María Begoña Sánchez Caramés

7.12.2022

54

2024/15923

***5170**

María Carbajal Baleirón

2.12.2022

55

2024/15927

***2062**

María de la Barca Mariñas Roa

28.11.2022

56

2024/15929

***7111**

María de la Fuente Martínez

5.12.2022

57

2024/15931

***2050**

María del Carmen Rodríguez Penas

29.11.2022

58

2024/15935

***7686**

María del Pilar Díaz Pérez

29.11.2022

59

2024/15940

***6482**

María Dolores Antelo Ferreiro

1.12.2022

60

2024/15942

***6262**

María Dolores Iglesias Medina

5.12.2022

61

2024/15943

***6369**

María Elena Molanes Piñeiro

28.11.2022

62

2024/15944

***3309**

María Encarnación Álvarez Gallego

25.11.2022

63

2024/15945

***1885**

María Gladis Castro Pérez

30.11.2022

64

2024/15946

***8785**

María Isabel Pérez Blanco

12.12.2022

65

2024/15947

***6654**

María Jesús López Freije

28.11.2022

66

2024/15881

***9360**

María José Martínez Martínez

7.12.2022

67

2024/15948

***0863**

María José Vidal Rascado

12.12.2022

68

2024/15949

***1982**

María Monserrat Lombardia Torres

28.11.2022

69

2024/15952

***7407**

María Pilar Gil Romero

30.11.2022

70

2024/15953

***2857**

María Pilar Iglesias Armada

29.11.2022

71

2024/15835

***7493**

María Pilar Míguez Rodríguez

12.12.2022

72

2024/15937

***8243**

María Pilar Vilariño Varela

1.12.2022

73

2024/15836

***9378**

María Rosa Estévez Cano

12.12.2022

74

2024/15955

***4877**

María Stella Polina Fernández

29.11.2022

75

2024/15956

***5310**

María Teresa Dosil Ponte

2.12.2022

76

2024/15957

***0793**

María Teresa Rochela Vilar

24.11.2022

77

2024/15958

***4628**

María Teresa Rojas Suárez

29.11.2022

78

2024/15959

***6159**

María Uxía Sanmartín González

29.11.2022

79

2024/15961

***9410**

María Vanessa Montero Lortes

1.12.2022

80

2024/15884

***7679**

Maríateresa Rosón Álvarez

25.11.2022

81

2024/15962

***7676**

Marina Rodríguez Pintos

29.11.2022

82

2024/15963

***6461**

Marina Vila González

25.11.2022

83

2024/15965

***6669**

Marta Ferro Grela

28.11.2022

84

2024/15967

***3681**

Marta María Regueira Gómez

30.11.2022

85

2024/15969

***9757**

Marta Sonia Brandón Iglesias

5.12.2022

86

2024/15971

***2315**

Mercedes Lijo Reboiras

29.11.2022

87

2024/15879

***2495**

Mercedes Mourenza Fernández

24.11.2022

88

2024/15839

***0157**

Minerva Naya Castelo

15.12.2022

89

2024/15973

***6847**

Mónica Rey Tato

29.11.2022

90

2024/15975

***3204**

Mónica Rodríguez Varela

24.11.2022

91

2024/15976

***6639**

Montserrat Guerra Gianzo

26.11.2022

92

2024/15911

***3973**

Nieves Sobrido Rey

5.12.2022

93

2024/15840

***3873**

Olalla Varela de Limia Foxo

9.12.2022

94

2024/15908

***3380**

Olga Núñez Blanco

29.11.2022

95

2024/15910

***4889**

Óscar Noya García

5.12.2022

96

2024/15903

***3172**

Pablo Fernández Lois

30.11.2022

97

2024/15905

***1352**

Pablo Mirás Sánchez

27.11.2022

98

2024/15906

***8044**

Patricia Díaz Seoane

28.11.2022

99

2024/15907

***2387**

Paula Papín Louzán

24.11.2022

100

2024/15897

***6889**

Romina María Lesende Resua

9.12.2022

101

2024/15898

***6775**

Rosalía Aldea Filgueira

30.11.2022

102

2024/15899

***1597**

Rosana Freire Blanco

2.12.2022

103

2024/15900

***6910**

Rosemeire Docampo Pardo

27.11.2022

104

2024/15901

***2388**

Ruth Villar Sánchez

30.11.2022

105

2024/15875

***2286**

Sandra Domínguez Rey

25.11.2022

106

2024/15876

***6489**

Sandra María Martín Vidal

24.11.2022

107

2024/11043

***1060**

Susana Lodeiros Vázquez

25.3.2024

108

2024/15878

***7179**

Susana María Puertas Cano

30.11.2022

109

2024/15841

***6703**

Teresa Jesús Rumbo Prieto

5.12.2022

110

2024/15871

***8028**

Vanessa Hermida Carballeira

25.11.2022

111

2024/15872

***7821**

Verónica Rey Nieto

25.11.2022

112

2023/1155

***9914**

Víctor Manuel López Fernández

23.12.2022

113

2024/7497

***9914**

Víctor Manuel López Fernández

6.3.2024

114

2024/15873

***1677**

Victoria Rosende Otero

28.11.2022

115

2024/15874

***8733**

Virginia Campos Álvarez

29.11.2022

116

2024/15868

***1438**

Ximena Mª Campos Pérez

28.11.2022

117

2023/276

***1346**

Xosé Miguel García García

20.12.2022