DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 23 de maio de 2024 Páx. 31062

III. Outras disposicións

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

DECRETO 133/2024, do 6 de maio, polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Forcarei de treitos do trazado actual e antigo das estradas EP-7001 e EP-7203.

Segundo o artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou treitos destas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados mediante decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra banda, a citada Lei de estradas dispón no artigo 9.7 que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

A Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión extraordinaria do día 30 de xaneiro de 2024, acordou o cambio de titularidade a prol do Concello de Forcarei do treito inicial e dun ramal da estrada EP-7203 Soutelo-Covas e de dous treitos antigos da EP-7001 A Estrada-Forcarei.

O convenio asinado o 23.6.2022 entre Concello e Deputación para a execución do proxecto denominado Mellora da mobilidade peonil na EP-7203, desde o p.q. 0+000 ata o p.q. 0+380 en Soutelo de Montes, Forcarei, ten o carácter de solicitude de inicio do procedemento de transferencia ao Concello.

Os treitos antigos da estrada EP-7001, o treito inicial da estrada EP-7203 e o ramal de acceso á Madanela da estrada EP-7203 cumpren co estipulado no número 11 do artigo 18 do Regulamento xeral de estradas de Galicia, relativo aos cambios de titularidade de treitos de estradas a favor de administracións de menor ámbito territorial, segundo o cal estes «só se levarán a cabo cando se trate de treitos terminais ou cando non impliquen a interrupción de ningún dos itinerarios de que forme parte sen que exista unha alternativa viaria, existente ou planificada, para todos eles que proporcione un nivel de servizo cando menos equivalente».

A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo co informe emitido polo servizo competente, formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade dos treitos que se definen no artigo 1.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día seis de maio de dous mil vinte e catro,

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello de Forcarei dos seguintes treitos, do trazado actual e antigo, das estradas EP-7001 e EP-7203:

Estrada

Denominación da estrada

p.q. i

p.q. f

Lonx. (km)

EP-7203

Soutelo-Covas

0+000

0+380

0,380

Denominación

p.q.

Lonx. (km)

Treito antigo da EP-7001 A Estrada-Forcarei

17+000 ME da EP-7001

0,125

Treito antigo da EP-7001 A Estrada-Forcarei

17+100 MD da EP-7001

0,229

Ramal da EP-7203 Soutelo-Covas, de acceso á Madanela

0+500 ME da EP-7203

0,500

Artigo 2

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia.

A entrega dos bens formalizarase coa sinatura da correspondente acta de entrega entre Concello e Deputación no prazo dos tres meses seguintes a esta publicación.

Artigo 3

Correspóndenlle ao Concello de Forcarei, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que lle puidese corresponder como nova Administración titular.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, seis de maio de dous mil vinte e catro

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

María Martínez Allegue
Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas