DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 23 de maio de 2024 Páx. 31134

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Castro de Rei (expediente IN407A 2023/202-2).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Peticionaria: Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A.

Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Denominación: SE Ludrio: nova LSAT 20 kV DC a OCR Castro Lea.

Situación: concello de Castro de Rei.

Características técnicas principais:

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV dobre circuíto C. Lea 1 e 2, con orixe na SE Ludrio e final no novo CS Castro Lea, cunha lonxitude de 9.550 metros cada circuíto, en condutor HEPRZ1-400 mm.

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV dobre circuíto Cospeito 1 e Vilalba, con orixe nun PAS realizado na fachada do CTC Castro de Lea 13728 e final no novo CS Castro Lea, cunha lonxitude de 60 metros cada circuíto, en condutor HEPRZ1-240 mm.

• Centro de transformación en edificio prefabricado Castro Lea, cunha potencia máxima admisible de 630 kVA e unha potencia inicial de 250 kVA, no cal se instala unha cela de liña telemandada e unha de protección con fusibles, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• Centro de seccionamento Castro Lea en edificio prefabricado compartido co CT Castro Lea, no cal se instalan sete (7) celas de liña telemandadas e unha de acoplamento/interruptor pasante.

• Desmontaxe de toda a aparellaxe do CT 13728 Castro de Lea (5 celas de MT, transformador de 160 kVA e 2 cadros de BT, desmontaxe de 60 metros de 2 circuítos en condutor RHZ1-150 e desmontaxe da caseta prefabricada que aloxa o trafo actual.

Finalidade da instalación: mellora das instalacións.

Orzamento: 1.686.138,48 euros.

Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello de Castro de Rei.

• Separata para a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

• Separata para a Consellería de Cultura.

• Separata para a Consellería de Infraestruturas.

• Separata para a Deputación Provincial de Lugo.

Esta dirección territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, o Decreto 49/2023, do 19 de maio, polo que se modifica o Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 13 de maio de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo