DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 23 de maio de 2024 Páx. 31137

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, pola que se declara a utilidade pública, en concreto, para os efectos da urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente 2022/95-2).

Examinado o expediente instruído a instancia da empresa Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A. (Begasa), con enderezo para os efectos de notificación na rúa Ramón María Aller Ulloa, 9 , 27003 Lugo, aprécianse os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro. O 9.1.2024, a empresa solicita a declaración de utilidade pública, en concreto, para a instalación eléctrica soterramento de tramo de LAT 20 kV Augas en Chaos, no concello de Lugo, logo de autorizarse o preceptivo proxecto das instalacións (DOG núm. 76, do 20 de abril de 2023) a que fai referencia o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), que regula as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e xuntando a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e o artigo 143 do Real decreto 1955/2000, antes citado.

Segundo. A declaración de utilidade pública someteuse a información pública para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, mediante o Acordo desta dirección territorial do 7.3.2024. Esta resolución foi publicada no diario El Progreso do 12 de marzo de 2024 e no DOG do 21 de marzo, no taboleiro de anuncios da citada dirección territorial e no taboleiro de anuncios do Concello de Lugo. Con este acordo inseríase a relación de bens e dereitos afectados.

Terceiro. Durante o trámite de información pública non se presentaron alegacións.

A estes feitos sonlles de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A esta dirección territorial correspóndelle resolver sobre a presente solicitude, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 13 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, modificado polo Decreto 49/2024, do 22 de abril (DOG núm. 81, do 24 de abril de 2024), polo que se establece a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Segundo. No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 53 da citada Lei 24/2013, e os regulamentarios previstos nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Terceiro. Sen prexuízo do anterior, cómpre ter en conta que, consonte o artigo 151 do citado Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, en calquera momento a empresa beneficiaria e os titulares dos bens e dereitos poden convir un mutuo acordo, causando a correspondente conclusión do expediente expropiatorio.

Cuarto. Persoal dos servizos técnicos desta dirección territorial, unha vez revisado sobre o terreo o trazado da liña eléctrica proxectada, informa de que non se dá ningunha das limitacións para a servidume de paso de enerxía eléctrica a que se refire o artigo 161 do Real decreto 1955/2000, en relación co artigo 58 da Lei 24/20213, sobre os predios incluídos na relación de bens e dereitos que foi obxecto de información pública e sobre os cales a empresa beneficiaria non chegou a un acordo amigable cos seus propietarios.

De acordo co exposto e en virtude das competencias que ten atribuídas, esta dirección territorial

RESOLVE:

Primeiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica obxecto do presente expediente, o que implica a necesidade de ocupación dos bens ou da adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Por isto, en cumprimento do disposto neste artigo, acórdase que o representante da Administración dea comezo, na data e hora que a cada interesado se lle notificarán individualmente, ao levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos na relación de bens e dereitos publicada no diario El Progreso do 12 de marzo de 2024 e no DOG do 21 de marzo, expostas no taboleiro de anuncios desta dirección territorial e no taboleiro de anuncios do Concello de Lugo. Así mesmo, faise constar que ata o momento do levantamento das actas previas se poderán formular as alegacións que se consideren oportunas, para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados que foi obxecto de publicación nos medios e nas datas anteriormente referidos. Estas alegacións deberanse presentar por escrito perante esta Dirección Territorial de Economía e Industria (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa notificación/publicación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/lat-augas-chaos

Lugo, 13 de maio de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de soterramento de tramo de LAT 20 kV Aguas en Chaos

Concello: Lugo.

Expediente: IN407A 2022/95-2.

Nº predio

Ref. catastral

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Propietaria

Apoio (nº)

Apoio
Superficie de ocupación permanente (ml. aér.)

LAT subterránea (m2)

1

27900A03100125

31

125

Soilán

Monte baixo

Herdeiros de Manuel Varela Varela (representante: María Jesús Varela Rego)

2

9

27