DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 22 de maio de 2024 Páx. 30861

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Láncara (expediente IN407A 2024/39-2).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Peticionaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense.

Denominación: recuamento tramo LMTA SAR806, entre os apoios núm. 89 e núm. 92, lugar de Monte Castal Vello, parroquia de Ronfe (Láncara).

Situación: concello de Láncara.

Características técnicas principais:

• LMT aérea SAR806, con orixe no apoio existente tipo HV 12/2A da LMTA SAR806 e final no apoio 135 existente tipo HV 13/630 da LMTA CRG804, cunha lonxitude de 664 metros en condutor tipo LA-110 (proxectado), 160 metros de condutor tipo Pigeon (existente) e 105 metros de condutor tipo LA-110 existente, instalación de 6 apoios de celosía metálica proxectados.

• LMT aérea SAR806, con orixe no apoio núm. 1 proxectado tipo C-16/7000 e final no apoio núm. 89-3 existente tipo C-18/2000 da LMTA CRG806, cunha lonxitude de 232 metros en condutor tipo LA-56 existente.

• Instalación, no apoio proxectado núm. 92 de tipo C-16/7000, dun interruptor seccionador telecontrolado.

Finalidade da instalación: recuamento das instalacións.

Orzamento: 66.266,48 euros.

Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello de Láncara.

• Separata para a Consellería do Medio Rural.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, o Decreto 49/2023, do 19 de maio, polo que se modifica o Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 22 de abril de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo