DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 22 de maio de 2024 Páx. 30742

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a Resolución do 7 de maio de 2024 de selección de entidade privada sen ánimo de lucro no procedemento de asignación do concerto social para a execución do programa Mentor rural de tránsito á vida adulta, autonomía e emancipación para persoas mozas en situación de vulnerabilidade en zonas non urbanas, cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 (código de procedemento BS213O).

No Diario Oficial de Galicia número 29, do 9 de febreiro de 2024, a través da Resolución do 23 de xaneiro de 2024, da Consellería de Política Social e Xuventude, publícase a convocatoria do procedemento de asignación de concerto social para a execución do programa Mentor rural de tránsito á vida adulta, autonomía e emancipación para persoas mozas en situación de vulnerabilidade en zonas non urbanas, cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 (código de procedemento BS213O).

Unha vez instruído de conformidade coas bases do procedemento de selección, tras a valoración dos criterios e emitida a proposta, o 7 de maio de 2024 emite o órgano competente a resolución que finaliza o dito procedemento, a Consellería de Política Social e Igualdade, de conformidade co Decreto 42/2024, do 14 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, e o Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia.

A epígrafe 7 da cláusula M) do anexo I da Resolución do 23 de xaneiro de 2024 establece que a resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería de Política Social e Igualdade.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 7 de maio de 2024 ditada no procedemento BS213O de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a execución do programa Mentor rural de tránsito á vida adulta, autonomía e emancipación para persoas mozas en situación de vulnerabilidade en zonas non urbanas, cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, que se xuntará coa presente resolución no anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 7 de maio de 2024 que finaliza este procedemento esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Unha vez que o órgano competente notifique a resolución, formalizarase o concerto coa entidade seleccionada.

A formalización deste concerto social, de acordo co establecido no artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, farase mediante un documento administrativo dentro dos 30 días seguintes ao da publicación da resolución de concertación.

O concerto social perfeccionarase coa súa formalización e non se poderá iniciar a súa execución sen terse efectuado esta previamente.

Unha vez efectuada a formalización, a entidade concertada estará obrigada a prestarlles ás persoas usuarias os servizos sociais nas condicións establecidas na normativa sectorial aplicable, na resolución da convocatoria do concerto social e, de ser o caso, nos criterios de preferencia e selección da entidade.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2024

Jacobo José Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

«Resolución do 7 de maio de 2024 pola que se selecciona unha entidade privada sen ánimo de lucro para a concertación, mediante procedemento de asignación de concerto social, da execución do programa Mentor rural de tránsito á vida adulta, autonomía e emancipación para persoas mozas en situación de vulnerabilidade en zonas non urbanas, cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 (código de procedemento BS213O).

A través da Resolución do 23 de xaneiro de 2024 realízase a convocatoria, mediante o procedemento de asignación de concerto social, da execución do programa Mentor rural de tránsito á vida adulta, autonomía e emancipación para persoas mozas en situación de vulnerabilidade en zonas non urbanas, cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027 (código de procedemento BS213O), para a selección de entidade privada sen ánimo de lucro para executar o citado programa.

Unha vez examinadas as solicitudes polo órgano instrutor, avaliadas as ditas solicitudes pola Comisión de Valoración, vista a proposta de resolución formulada pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica,

RESOLVO:

Primeiro. Seleccionar para levar a cabo a execución do programa Mentor rural de tránsito á vida adulta, autonomía e emancipación para persoas mozas en situación de vulnerabilidade en zonas non urbanas a seguinte entidade, en aplicación dos criterios de selección e preferencia da cláusula O) do anexo I da Resolución do 23 de xaneiro de 2024, publicada o 9 de febreiro de 2024 no Diario Oficial de Galicia número 29.

Consonte os criterios de valoración reflectidos no texto da resolución, a Comisión de Valoración establece a seguinte puntuación para a entidade presentada ao concerto:

Descrición

Puntuación

A. Calidade do proxecto técnico

25,5

B. Instalacións nas cales se levará a cabo o servizo

3,75

C. Medidas de conciliación da vida persoal, familiar e laboral e corresponsabilidade

2

D. Experiencia do persoal asignado ao proxecto

2,16

E. Formación do persoal asignado ao proxecto

9,7

F. Experiencia acreditada pola entidade no ámbito da protección á infancia e á adolescencia

10

Total

53,11

Segundo. Adxudicarlle o concerto social, do xeito que a seguir se indica e polo importe que se sinala, á entidade seguinte:

Entidade:

Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector (Igaxes)

NIF:

G15784978

Código do procedemento: BS213O.

Modalidade de concertación: procedemento de asignación de concertos.

Data de publicación: 9 de febreiro de 2024.

Prazo de execución: o prazo de duración do concerto será desde a data da súa formalización ata o 31 de decembro de 2026.

O importe de adxudicación (exento de IVE) é o seguinte:

Distribución de anualidades

2024 (estimación para 7 meses)

2025

2026

FSE+

FP

Total

FSE+

FP

Total

FSE+

FP

Total

Sen IVE

178.200,97 €

118.800,64 €

297.001,61 €

309.716,33 €

206.477,56 €

516.193,89 €

309.716,33 €

206.477,56 €

516.193,89 €

Terceiro. Asinar o concerto social coa entidade seleccionada dentro dos 30 días seguintes ao da publicación da resolución de concertación, segundo indica o artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. A resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tal como se indica no artigo 17.2 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2024. Fabiola García Martínez, conselleira de Política Social e Igualdade