DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 22 de maio de 2024 Páx. 30739

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 12 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2024, destinadas ás entidades locais (código de procedemento MT804B) (Diario Oficial de Galicia número 243, do 26 de decembro).

O artigo 19 da Orde do 12 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2024, destinadas ás entidades locais (código de procedemento MT804B) establece que no prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación de subvencións concedidas, con indicación da norma reguladora, entidade beneficiaria, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

En consecuencia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 12 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2024, destinadas ás entidades locais (código de procedemento MT804B), segundo o anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2024

María Sol Díaz Mouteira
Directora xeral de Patrimonio Natural

ANEXO

Norma reguladora: Orde do 12 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2024, destinadas ás entidades locais (código de procedemento MT804B).

Crédito orzamentario: 30.000 euros.

Aplicación orzamentaria: 06.03.541B-760.0, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.

Finalidade: establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas para actuacións encamiñadas á conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras regulado polo Decreto 67/2007, do 22 de marzo, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2024.

Expediente, entidades beneficiarias, elemento do Catálogo, aplicación orzamentaria, importe adxudicado:

Nº expediente

Entidade beneficiaria

Elemento do Catálogo

Aplicación orzamentaria

Importe adxudicado (€)

002/2024

Concello de Mondariz Balneario

163A

06.03.541B-760.0

1.306,21

164A

1.306,21

003/2024

Concello de Bergondo

101A

06.03.541B-760.0

2.214,74

004/2024

Concello de Parada de Sil

112A

06.03.541B-760.0

2.734,78

005/2024

Deputación Provincial de Pontevedra

7A

06.03.541B-760.0

775,47

35A

959,01

98A

775,47

006/2024

Concello de Poio

124A

06.03.541B-760.0

1.064,55

007/2024

Concello de Vilalba

3A

06.03.541B-760.0

2.119,91

008/2024

Concello de Padrón

29A

06.03.541B-760.0

648,52

91A

770,88

97A

801,47

14F

617,93

16F

1.485,16

009/2024

Concello de Tomiño

43F

06.03.541B-760.0

1.797,19

010/2024

Deputación Provincial da Coruña

9A

06.03.541B-760.0

1.494,34

42A

1.249,62

15F

945,24

012/2024

Concello de Teo

165A

06.03.541B-760.0

874,89

166A

874,89

013/2024

Concello de Caldas de Reis

17F

06.03.541B-760.0

1.258,79

014/2024

Concello do Porriño

120A

06.03.541B-760.0

1.615,17

015/2024

Concello dos Blancos

26F

06.03.541B-760.0

2.309,56