DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 22 de maio de 2024 Páx. 30737

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 12 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2024 (código de procedemento MT804C) (Diario Oficial de Galicia número 243, do 26 de decembro).

O artigo 19 da Orde do 12 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2024 (código de procedemento MT804C) establece que no prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación de subvencións concedidas, con indicación da norma reguladora, entidade beneficiaria, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

En consecuencia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 12 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2024 (código de procedemento MT804C), segundo o anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2024

María Sol Díaz Mouteira
Directora xeral de Patrimonio Natural

ANEXO

Norma reguladora: Orde do 12 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2024 (código de procedemento MT804C).

Crédito orzamentario: 60.000 euros.

Aplicacións orzamentarias: 06.03.541B-780.0 (20.000 €), 06.03.541B-781.1 (20.000 €) e 06.03.541B-770.0 (20.000 €), dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.

Finalidade: establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas para actuacións encamiñadas á conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras regulado polo Decreto 67/2007, do 22 de marzo, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2024.

Expediente, entidades beneficiarias, elemento do Catálogo, aplicación orzamentaria, importe adxudicado:

Nº expediente

Entidade beneficiaria

Elemento do Catálogo

Aplicación orzamentaria

Importe adxudicado (€)

001/2024

CMVMC Parroquia Viso-Redondela

158A

06.03.541B-781.1

4.106,88

002/2024

Juan Armada Díez de Rivera

2F

06.03.541B-780.0

2.706,29

12F

3.120,00

42F

5.866,81

003/2024

Adelina Rodríguez Fernández

38F

06.03.541B-780.0

800,00

004/2024

Eyaika Salnés, S.L.

40A

06.03.541B-770.0

1.000,00

005/2024

CMVMC de Viladesuso

33F

06.03.541B-781.1

2.275,20

006/2024

María Cristina Ana Álvarez-Cervela Roberes

94A

06.03.541B-780.0

2.890,00

007/2024

Pazo de Barrantes, S.A.

7F

06.03.541B-770.0

7.480,03

008/2024

Casa Ducal de Medinaceli

15A

06.03.541B-781.1

1.200,00

36A

3.594,70

3F

5.015,58

20F

5.244,54

009/2024

Pazo de Rubianes, S.L.

32A

06.03.541B-770.0

3.316,42

59A

3.316,42

8F

4.887,13

010/2024

María Luisa Gil de la Peña

140A

06.03.541B-780.0

3.180,00