DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 22 de maio de 2024 Páx. 30733

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, pola que se acorda outorgar o distintivo de permanencia ao persoal dos distintos corpos de policía local dos concellos de Galicia.

A Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, establece no seu artigo 74 que o persoal dos corpos de policía local de Galicia pode ser distinguido ou recompensado de acordo co que se determine regulamentariamente.

Segundo o disposto nos artigos 99, 101.2 e 105 do Decreto 15/2023, do 12 de xaneiro, de desenvolvemento da devandita lei, o distintivo de permanencia poderá concederse con periodicidade anual mediante resolución do órgano directivo competente en materia de coordinación de policías locais, ao persoal dos corpos da policía local cando cumpra 25 anos de servizos efectivos no corpo, calquera que sexa a súa categoría, sempre que non consten no seu expediente persoal antecedentes por sancións disciplinarias ou condenas penais pendentes de cancelación, cuestións que deberán ser acreditadas polos concellos que corresponda.

Mediante esta resolución acórdase outorgar o distintivo de permanencia ao persoal dos corpos da policía local que, ademais de contar cos restantes requisitos, cumpriu 25 anos de permanencia nos corpos da policía local de Galicia.

De acordo co previsto no citado artigo 101.2 do Decreto 15/2023, do 12 de xaneiro,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar o distintivo de permanencia ao persoal das policías locais que se relaciona no anexo a esta resolución, por ter cumpridos 25 anos de servizo nos corpos da policía local segundo as certificacións dos respectivos concellos de pertenza, tanto respecto do tempo de servizos como do resto de requisitos.

Segundo. Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2024

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Listaxe do persoal dos corpos de policía local dos concellos de Galicia ao cal se lle outorga o distintivo de permanencia:

• Provincia da Coruña:

– Concello de Ames:

Berdullas Nieto, Francisco Javier

Ferreira Vidal, Cristina

Lemos González, Juan José

Miramontes Cajade, José Ángel

Moure Barcia, Pablo

Rodríguez Freire, Juan José

– Concello de Arteixo:

Álvarez Seoane, Marcos

Martínez Martínez, Gustavo

– Concello de Betanzos:

Fernández Seijo, Javier

– Concello de Boiro:

Pérez Rebollido, José Ramón

– Concello de Cedeira:

Díaz García, Alberto

– Concello de Cee:

Ares Lema, Jorge Carlos

Paz Quintela, José Luis

– Concello de Culleredo:

González Chas, José Antonio

– Concello de Ferrol:

Galdo Paz, Juan Carlos

Guizán Vilasuso, José Carlos

– Concello de Santiago de Compostela:

Iglesias Solla, Eulogio

López Quintás, Francisco Javier

• Provincia de Lugo:

– Concello de Sarria:

Castañer Núñez, Isidoro

González Martínez, Jesús

Lombao Fouz, Ana María

López Fernández, Juan Carlos

Rincón Bueno, Alberto

Valdés Figueiras, José

• Provincia de Ourense:

– Concello do Carballiño:

Diz García, Javier

Fernández Vázquez, Marcos

García Reinoso, Antonio

Iglesias Alén, Guillerme

Pérez Vázquez, José Antonio

– Concello de Xinzo de Limia:

Díaz Lage, Antonio

Gómez Diz, Cesáreo

Pérez Casas, Rudesindo

Pérez Fernández, Alberto

• Provincia de Pontevedra:

– Concello de Caldas de Reis:

Moraña Barreiro, Miguel Ángel

Puente Iglesias, Juan José

– Concello de Marín:

Castro Loira, Julio

Portela Chapela, José Antonio

– Concello de Pontevedra:

Duarte Solla, José Manuel

Ferradanes Fernández, José Manuel

Franco Padín, Óscar

Moldes González, Alberto

Novás Rodríguez, Berta

– Concello de Sanxenxo:

Charlín Rodríguez, Laureano

Mouco Leiro, José Jorge

Romero Barreiro, María Sonia

– Concello de Silleda:

López Viéitez, Manuel

– Concello de Vilaboa:

Seoane Montes, Javier

– Concello de Vilagarcía de Arousa:

Barreiro Barreiro, Ángel

Díaz Figueiras, Manuel

Lastra Gamarra, Mario

Sanmartín Ortigueira, Juan José

Soutullo Piñeiro, José Ángel